O CONSELLEIRO DE FACENDA RESALTA A ACTIVIDADE ASEGURADORA COMO PIAR QUE GARANTE A TRANQUILIDADE DE CIDADÁNS E EMPRESAS
- Valeriano Martínez participou hoxe na entrega dos Premios Galicia Segura, organizados polo Instituto Atlántico do Seguro (INADE)
- Na súa intervención, destacou que se trata dun sector sólido que aguantou mellor que outros os efectos da crise
- O número de mediadores inscritos xa acada os 137, con 300 empregos directos e máis de 400 se se inclúen os colaboradores externos
Santiago, 12 de maio de 2016.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, participou hoxe en Santiago na entrega de Premios Galicia Segura 2016 -organizada polo Instituto Atlántico do Seguro (INADE)-, onde destacou que a actividade aseguradora, cunha experiencia de hai xa máis de cen anos, constitúe un piar imprescindible “para garantir a tranquilidade de cidadáns, empresas e institucións”.
Na súa intervención, recalcou que se trata dun sector sólido que acompañou a evolución económica tanto estatal como autonómica, estimulando o investimento e contribuíndo á equidade e á nivelación social da economía. E engadiu que a fortaleza do sector evidenciouse en que, a pesar dos efectos adversos, conseguiu manter uns altos niveis de solvencia e rendabilidade económica e que segue a ser unha industria xeradora de emprego estable, que superou con éxito os peores anos da crise nun contexto de forte competencia.
Así, botando man dos indicadores de 2015, sinalou que o número de mediadores inscritos no rexistro económico recuperouse e xa acada os 137 na actualidade, mentres se mantén a tendencia de incremento anual dos profesionais, coa inscrición, de maneira predominante, de novos corredores e corredurías.
O titular de Facenda tamén resaltou no proceso a estabilización nos últimos exercicios das primas intermedias, situándose agora nun nivel superior aos 70 millóns de euros anuais. Nesta liña, está a distribución en ramos de vida e non vida, cunha tendencia alcista no caso do ramo de vida e nas comisión percibidas, que a partir do ano 2013 presentan una recuperación parella á do seu volume de primas.
En canto a persoal, tendo en conta só o relacionado coa actividade de mediación nas súas distintas figuras, o conselleiro manifestou que o emprego directo mantense, con aproximadamente 300 persoas, superando as 400 se se inclúen os colaboradores externos.
Xa no contexto global de Galicia, manifestou Valeriano Martínez que os datos dos últimos meses falan “dun crecemento cada vez máis sólido” e “cunha progresiva recuperación do mercado laboral”, o que amosa que “comezamos a ver a crise económica desde o retrovisor”, algo polo que “todos nos debemos felicitar”, manifestou.
Robin Schulz, el próximo 26 de mayo en Pacha Ibiza
Robin Schulz estrena temporada estival
El próximo jueves 26 de mayo en Pacha Ibiza
Venta de entradas: http://bit.ly/RobinSchulzandFriends
www.pachaibiza.com
A medida que se acerca el verano, la expectación por la llegada del Dj y productor alemán Robin Schulz a la isla blanca incrementa.
Robin Schulz vuelve a Pacha Ibiza el próximo jueves 26 de mayo, encabezando una de las noches más emblemáticas en la semana de openings más importante del globo terráqueo. Compartiendo cabina con Robin en un día tan especial como este estarán figuras tan importantes en la escena electrónica actual como: Bakermat, Feder Hugel y R3hab.
Esta no será la única fecha en la que el artista tome el control del club de las cerezas, Schulz también capitaneará cuatro fechas de la exitosa F***Me I’m Famous. Los jueves 8, 15, 22 y 29 de septiembre, y tras la ausencia David Guetta, el germano defenderá una marca que lleva liderando la industria desde 2001. Quince años de absoluto éxito.
REY VARELA ASINA OS CONVENIOS PARA ORGANIZACIÓN DOS CAMPOS DE TRABALLO 2016 NA PROVINCIA DE LUGO COMO DINAMIZADORES DA VIDA XUVENIL NOS CONCELLOS GALEGOS
- Asináronse acordos cos concellos de Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga e Xermade. Ademais, na provincia de Lugo terán lugar outros Campos de traballo xestionados directamente pola Dirección Xeral en Portomarín e Becerreá
- O titular autonómico afirmou que esta oferta é unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade que engloba experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade
- Este ano, os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos Campos de traballo, das que 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América e 205 para Campos en Galicia
Lugo, 12 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, asinou na mañá de hoxe os convenios que permitirán a organización dos Campos de traballo 2016 na provincia de Lugo aos que definiu como “unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade”. Concretamente, a Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a firma dos acordos cos concellos de Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga e Xermade. Ademais, na provincia de Lugo terán lugar outros Campos de traballo xestionados directamente pola Dirección Xeral en Portomarín e Becerreá. O conselleiro agradeceu a presenza dos alcaldes dos concellos lucenses que “comparten a preocupación conxunta de ofertar actividades para os mozos de entre 18 e 30 anos o que axuda a dinamizar a vida xuvenil dos concellos galegos”.
O responsable de Política Social asegurou que estes campos de traballo “son accións voluntarias, que os mozos e mozas realizan de xeito altruísta e solidario, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade”. Rey Varela destacou tamén que os campos promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias que do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal.
Con respecto á mobilidade, o conselleiro dixo que era un dos valores fundamentais promovido por estes campos, xa que “ofrecen aos rapaces e rapazas a oportunidade de tomar parte en campos doutras comunidades axudando ao desenvolvemento de valores de convivencia, tolerancia ou o traballo en equipo”.
Catro convenios para catro campos de traballo
Os convenios asinados hoxe permitirán levar a cabo os campos de traballo nos concellos lucenses de Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga e Xermade. Todos estes campos son de carácter internacional, para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos e cada un conta con 20 prazas.
En Folgoso do Courel levarase a cabo un campo medioambiental e arqueolóxico do 14 ao 25 de xullo. Os voluntarios coñecerán a historia do concello e dos lugares onde se vai traballar. Ademais realizarán actividades de limpeza e acondicionamento da zona e do Castro da Torre, revisión e mellora das rutas, intervención arqueolóxica do Castro da Torre e conservación e mellora do contorno do Castro.
En Pantón organizarase un campo cultural do 2 ao 16 de agosto. As actividades que desenvolverán os mozos e mozas participantes consistirán na limpeza e acondicionamento exterior da Rota do Románico a través da intervención dos seus monumentos, acondicionamento de diferentes espazos urbanos a través de murais ou graffitis, posta en valor da Rota do Románico coa participación na organización da XXIX Xornada da Rota Románica de Pantón e visualización de dita Rota coas novas tecnoloxías.
O campo de Quiroga centrarase na arqueoloxía entre os días 1 e 12 de agosto.Os participantes revisarán a documentación existente sobre o castelo de Novaes para coñecer máis datos sobre a súa historia e analizarán o estado no que se atopa o mesmo. Ademais realizarán un estudo sobre a difusión do Camiño de Inverno no mundo.
En Xermade tamén se levará a cabo un campo arqueolóxico entre o 5 e 16 de xullo e os mozos e mozas limparán os arredores da neveira e baleirarán a mesma que contén pezas de cantería.
24 campos de traballo nas catro provincias galegas
Os mozos e mozas galegos poderán escoller entre participar nos campos de traballo que se organizan en Galicia, ou ben ir aos que se celebran noutras comunidades españolas ou en 34 países de Europa, Asia, África e América.
A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán, que ademais dos concellos lucenses de Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga e Xermade, celebraranse nos municipios coruñeses de Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós, nos concellos ourensáns de Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense e A Peroxa, así como nos municipios da provincia de Pontevedra como as Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.
Este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos Campos de traballo. Destas prazas, 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América e 205 para Campos en Galicia. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. O pasado ano, Galicia organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance remitido polo Injuve ás comunidades autónomas.
Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado.
Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña.
Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.
Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma en http://xuventude.xunta.es.
Policía Local do Porriño detén a unha muller que estaba roubando nun coche na parroquia de Budiño
Axentes da Policía Local do Porriño fixéronse cargo dunha muller que foi retida por uns veciños logo de roubar nun coche. Os feitos ocorreron este mércores, día 11 de maio, pasadas as 20:30 horas: os policías foron alertados por veciños da parroquia de Budiño, na bisbarra de Vitureira, logo de que fosen alertados de que tiñan pechada nun vehículo á devandita muller que participara, xunto cun home, no roubo de mercadoría dentro do coche, logo de rachar un dos cristais do mesmo.
Os axentes identificaron á muller como G.S.V., de 40 anos, veciña de Nigrán, e trasladárona como detida ás dependencias da Garda Civil. O home que participara con ela no roubo foi identificado como J.P.B., de 58 anos, veciño de Malvas, en Tui e, segundo indica a Policía Local, coñecido no Porriño dende hai anos, que fuxiu nun automóbil marca Renault Scenic.
Os veciños que retiveron á muller, volvían de facela compra e deixaran o coche preto da súa casa para descargar o mesmo. Estando dentro da vivenda, escoitaron un ruído e, axiña, comproban que á muller está sacando parte da mercadoría do coche para que fose recollida por un home que, cando ve chegar aos donos do mesmo, fuxe no devandito Renault Scenic, do que collen a matrícula.
Ao mesmo tempo, reteñen dentro do seu vehículo á muller e dan aviso á Policía Local que procede ao seu arresto.
A detida compareceu, este mesmo xoves, día 12, como presunta autora dos feitos, diante do Xulgado do Porriño e, logo de prestar testemuña, foi posta en liberdade.
Cultura Quente 16 cierra su cartel con 091, Furious Monkey House, Tractor Troy, Habitación Vudú, Dj Lagartija y Dj Rafa Morcego
Cultura Quente cierra su cartel con 091, Furious Monkey House, Tractor Troy, Habitación Vudú, Dj Lagartija y Dj Rafa Morcego
Se unen a Supersuckers, Marky Ramone, Ilegales, Los Enemigos, El Drogas o Siniestro Total
Abono de lanzamiento hasta el 1 de junio: 26 € + gastos
El Festival Cultura Quente regresa a la Carballeira de Caldas de Reis en su edición nº16 con programación musical durante 2 días: 24 y 25 de junio.
El cartel se cierra hoy con con 091, Furious Monkey House, Tractor Troy, Habitación Vudú, Dj Lagartija y Dj Rafa Morcego, que se suman a Supersuckers, Marky Ramone, Ilegales, Los Enemigos, El Drogas, Siniestro Total, The Soul Jacket, Havalina, Agoraphobia y la banda que resulte ganadora del concurso de maquetas de la Fundación Paideia, que se resolverá en los próximos días.
091
20 años llevábamos esperando este momento… y ha llegado. La mítica banda granadina 091 ha vuelto a los escenarios para una única gira, y el de la Carballeira de Caldas de Reis será uno de los privilegiados. Sonidos sesenteros, punk-rock y new wave en un concierto en el que recuperarán lo mejor de su biografía.
Furious Monkey House
5 niños de entre 9 y 11 años que con un mono furioso: su profesor de música, y bajo la influencia de bandas de la escena 90’s como Pixies, Smashing Pumpkins, Nirvana, Cardigans o Foo Fighters, deciden completar su formación en septiembre de 2014 y emprender un proyecto más sólido: la grabación de su 1er disco: Run (Esmerarte 2015), en los Estudios Abbey Road de Londres. ¡Talento insultante!
Tractor Troy
Perro Mandril (2014) es el primer largo de esta banda pontevedresa y el hermano mayor de su anterior Texas Food (2012). Diez cortes explosivos que llevan como única intención romper las caderas del personal en la pista de baile. Formada en 2011, se consideran una banda maldita, un alma errante, un zorro gris, seres solitarios y atormentados que intentan reconciliarse con el mundo a través de la furia guitarrera, del delta blues, del grunge… del rock verdadero.
Habitación Vudú
Hablar de los hermanos Freiría: Justo y José, es hablar de música. Sus inicios se remonta a su juventud. Tras grabar sus 2 primeros temas en 2014, inician 2015 con una idea fija: editar su primer EP mientras siguen girando y consolidando su trayectoria. Y así llega «Flores Falsas«, producido por Luis Antelo y con la colaboración de Pablo Novoa.
Dj Lagartija
Sergio Lagartija es un DJ vigués que lleva 15 años haciendo bailar a multitudes de todo el país con una explosiva mezcla de estilos en la que predomina una clara orientación al baile y a la música alternativa. Residente de la emblemática sala La Fábrica de Chocolate Club desde sus comienzos, y actualmente también encargado de su propio proyecto (el club CL4ND3S1NO), Lagartija es uno de los DJs gallegos de referencia de los últimos 10 años.
Dj Rafa Morcego
Rafa comienza en el Resaka de Santiago de Compostela en el 87. Ha pasado por numerosos clubs: Farenheit, La Clave, Hipódromo, Factoría, Momo, la Radio, La Iguana Club… y festivales. Actualmente es residente de A Reixa, y los sábado de la discoteca Ruta. Sus sesiones, plagadas de buena música, pero sobre todo… ¡de Rock & Roll!
Cultura Quente por días
VIERNES 24 junio
Los Enemigos
Marky Ramone
091
Furious Monkey House
Havalina
Agoraphobia
Tractor Troy
Dj Rafa Morcego
SÁBADO 25 junio
Supersuckers
Ilegales
Siniestro Total
El Drogas
The Soul Jacket
Habitación Vudú
Ganador concurso maquetas Fundación Paideia
Dj Lagartija
El abono de lanzamiento sigue a la venta hasta el 1 de junio en Clicentradas.es, Ticketea.es y Ataquilla.com a un precio de 26€ + gastos, y la entrada diaria: 18 € + gastos.
Este año habrá acampada solidaria: por 3€ los asistentes se pueden instalar con sus tiendas de campaña en un espacio acondicionado para la ocasión. La recaudación se donará íntegramente a los refugiados sirios.
Cultura Quente, que organiza Radio Caldas, cuenta con el patrocinio del Concello de Caldas, Diputación de Pontevedra – Turismo Rías Baixas y Estrella Galicia
www.culturaquente.com
Facebook
Twitter
Cartel y materiales de prensa, aquí.
#RíasBaixasFests
A XUNTA DE GALICIA MANTÉN ABERTO ATA O VINDEIRO DÍA 30 DE MAIO O PRAZO PARA SOLICITAR O BONO CONCILIA
-
A Coruña
A Directora Xeral de Infancia Amparo Gonzalez presenta o Bono Concilia
12/05/2016
Foto: Moncho Fuentes / AGN A CoruñaEsta axuda consiste nunha cantidade mensual que irá dende os 45 euros aos 250 euros por un período de tempo máximo de 11 meses. A contía da mesma dependerá da renda per cápita da unidade familiar, así como da xornada e dos servizos que se soliciten
- Unha das principais novidades da convocatoria deste ano é a posibilidade de concesión do Bono Concilia ás persoas solicitantes que obtiveran unha praza pública e o horario demandado non coincide co de apertura da escola infantil porque ambos proxenitores traballan en quendas de tarde ou en quendas rotativas
- O Goberno galego incrementou en máis dun 105% a partida económica destinada este ano ao Bono Concilia con respecto á convocatoria do pasado exercicio, alcanzando un orzamento global de preto de 3,5 millóns de euros
- O obxectivo desta medida é ampliar o número de prazas de 0 a 3 anos sostidas con fondos públicos para así ir eliminando as listas de agarda
- O Bono Concilia insírese nun paquete de medidas máis amplo de apoio á infancia e á familia, así como para a dinamización demográfica: o Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia)
A Coruña, 12 de maio de 2016.- As familias cuxos fillos ou fillas non dispoñan de praza en nunha escola infantil pública téndoa solicitada, o horario demandado por estas non coincida co de apertura da escola infantil ou se modifiquen as condicións en que a praza foi concedida, son considerados solicitantes do bono concilia sen necesidade de presentar nova solicitude. Aquelas que residan en concellos sen escolas de 0 a 3 anos sostidas con fondos públicos e as que foron beneficiarias da axuda no curso 2015/2016, poden solicitar o Bono Concilia ata o vindeiro día 30 de maio. A Consellería de Política Social mantén aberto o prazo para demandar esta axuda económica dirixa aos pais e nais galegos e que consiste nunha cantidade mensual que irá dende os 45 euros aos 250 euros para contribuír ao pago do importe da praza nunha escola infantil non sostida con fondos públicos por un período de tempo máximo de 11 meses.
Así o explicou hoxe a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, nunha comparecencia ante os medios de comunicación que tivo lugar na delegación territorial da Xunta de Galicia na Coruña, continuando así coa rolda de visitas ás catro provincias galegas iniciada por esta responsable autonómica co obxectivo de dar a coñecer o Bono Concilia e que xa a levou a Pontevedra e Vigo. Amparo González destacou que “con esta medida imos ampliar a oferta de prazas sostidas con fondos públicos para nenos e nenas menores de tres anos coa intención de ir eliminando as listas de agarda na rede autonómica de escolas infantís de 0 a 3 anos”. Con este obxectivo, a partida económica destinada este ano 2016 ao Bono Concilia incrementouse en máis dun 105% con respecto á convocatoria do exercicio anterior, alcanzando un orzamento global de preto de 3,5 millóns de euros.
Na rolda de prensa, a directora xeral informou de que os requisitos para beneficiarse do Bono Concilia pasan porque a familia resida en Galicia, con fillos e fillas menores de 3 anos a 31 de decembro de 2016 e teñan solicitado praza nunha escola infantil sostida con fondos públicos para o vindeiro curso 2016-2017 exercendo a opción de Bono Concilia e estean nunha das seguintes situacións: quedar en lista de espera; obter praza pero que o horario demandado non coincida coa apertura da escola infantil porque ambos proxenitores traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas; obter a praza e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida; ademais poden solicitar esta axuda aquelas familias que se teñan beneficiado da axuda do programa cheque infantil no actual curso escolar e pedir a súa renovación ao abeiro da orde do Bono Concilia; así como aquelas que residan en concellos onde non existan escolas infantís para nenos e nenas entre os 0 e os 3 anos sostidas con fondos públicos.
A contía da axuda, que se outorgará por un período máximo de 11 meses, estará en función da renda per cápita da unidade familiar, así como da xornada e dos servizos que se soliciten. Así as cousas, as cantidades a percibir polas familias oscilarán entre os 250 euros mensuais para unha praza en réxime de xornada completa con servizo de comedor para as rendas máis baixas e os 45 euros mensuais para as rendas máis altas.
Novidades da convocatoria e prazos
Ademais de destinar maiores recursos económicos que en anos anteriores, a nova orde do Bono Concilia recolle outras melloras que teñen por finalidade que se podan beneficiar desta axuda o maior número de pais e nais. Entre estas novidades destaca a posibilidade de concesión do Bono Concilia ás persoas solicitantes que obtiveran unha praza pública e o horario demandado non coincide co de apertura da escola infantil porque ambos proxenitores traballan en quendas de tarde ou en quendas rotativas ou a posibilidade de que aquelas familias que residan en concellos onde non existan escolas 0-3 sostidas con fondos públicos poidan presentar solicitudes fóra do prazo establecido nesta orde cando nelas se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade a finalización do dito prazo.
Así mesmo, a actual convocatoria favorece o dereito á escolarización de irmáns ou irmás no mesmo centro xa que as familias que teñan un fillo ou filla que renova a axuda e á súa vez obteñan praza pública para un irmán (tendo marcada a opción do Bono Concilia) daráselles directamente a posibilidade de optar ao dito bono para que poidan escolarizar a todos os fillos no mesmo centro.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro día 30 de maio. Unha vez notificada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias dispoñen dun prazo de quince días naturais para presentar na xefatura territorial da Consellería de Política Social o xustificante de matrícula do centro onde vai acudir a nena ou o neno e a declaración de ter percibido ou non outras axudas para este mesmo fin.
Apoio integral á familia e á infancia
O Bono Concilia forma parte dun ambicioso paquete de medidas que está a desenvolver a Consellería de Política Social no eido do apoio ás familias e á infancia: o Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia), que abrangue axudas directas, accións para o fomento da conciliación e servizos e que tamén ten como obxectivo favorecer a dinamización demográfica.
Así, outras medidas incluídas no PAN Galicia e que son complementarias entre elas son: a Tarxeta Benvida; as dedución fiscais por nacemento ou adopción; a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo e sucesivos; o incremento das prazas na rede pública de escolas infantís; a posta en marcha de Casas Niño no rural; o Bono Coidado ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega.
Precisamente, na súa intervención a directora xeral fixo especial fincapé na importancia que teñen as escolas infantís como recurso educativo e para permitir a verdadeira conciliación da vida familiar e laboral. Neste sentido, o vindeiro curso escolar 2016-2017 Galicia contará con máis de 22.300 prazas públicas ou financiadas con fondos públicos en escolas infantís. Isto supón un aumento de catro puntos da cobertura deste servizo que chegará a máis do 37%, o que sitúa á Comunidade Autónoma por riba da media aconsellada pola Unión Europea.
PHOTOESPAÑA 2016 PONE EL FOCO EN EUROPAS EN LA PLURALIDAD DE IDENTIDADES Y VISIONES DEL CONTINENTE
Participan en el Festival 330 autores en 94 exposiciones y 16 programas y actividades en 52 sedes nacionales e internacionales; entre ellos, participan en muestras individuales: Bernard Plossu, Lucia Moholy, Shirley Baker, Carlos Saura, Juana Biarnés, Miroslav Tichý, Cristina de Middel, Linarejos Moreno, Vivian Maier, Louise Dahl – Wolfe y Andrea Robbins & Max Becher; mientras que el festival cuenta en exposiciones colectivas con obras de Anders Petersen, Antoine D´Agata, Thomas Ruff, Juergen Teller, Anton Corbijn, Clare Strand, o Chris Steele-Perkins, entre otros
Segovia y Murcia, nuevas sedes del Festival junto a Madrid, Alcalá de Henares, Alcobendas, Lanzarote y Zaragoza
Castilla – La Mancha, primera comunidad autónoma que se suma en bloque a PHotoEspaña con Visiones de la Mancha, un recorrido fotográfico con muestras de Caio Reisewitz, Montserrat Soto, Jordi Bernadó, Ferdinando Scianna y John Davies, para conmemorar el IV Centenario de la muerte de Cervantes
Son sedes europeas de PHotoEspaña museos y festivales de Bratislava, Chalon Sur Saône, Dublín, Estambúl, Helsinki, Londres, Moscú, París, Riga, Róterdam y Varsovia
32 galerías de Madrid participan en el Festival Off, con proyectos de Nanna Hänninen, Chloe Dewe Mathews, Basurama y Juan de Sande, entre otros
Descubrimientos PHE es el gran foro profesional de PHotoEspaña que reúne, en el Centro de Arte de Alcobendas, a 40 expertos y 160 autores en visionados de porfolios, talleres y seminarios
PHotoEspaña toma las calles de Madrid con programas para públicos: talleres para niños y jóvenes, concursos, un maratón fotográfico, mesas redondas y proyecciones nocturnas
Trasatlántica, el foro de fotografía y artes visuales en América Latina, organiza visionados de porfolios en Perú, Panamá y Dakar, ciudad con la que PHotoEspaña desembarca por primera vez en África
La Fábrica publica la Guía de PHotoEspaña 2016 y 7 libros y catálogos y centra la PHotoBook Week en la edición de libros de fotografía
Más información: www.phe.es
A Istanbul Aydin University incorpórase ás institucións que colaboran coa Escuela de Negocios Afundación de ieside
A Escuela de Negocios Afundación de ieside (Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa) e a Istanbul Aydin University subscribiron un convenio de colaboración que permitirá o intercambio de estudantes nos programas de ambas as institucións académicas, a colaboración en proxectos de investigación ou a organización conxunta de seminarios e conferencias, entre outros. Con este novo acordo, a Escuela de Negocios Afundación deieside amplía a súa expansión no ámbito internacional, tal e como programou a entidade no seu plan estratéxico 2015-2019.
PLADESEMAPESGA desmonta la GRAN MENTIRA de FEIJÖO en el siniestro de la nave FANDICOSTA en Moaña (Pontevedra)
O cantautor arxentino Alberto Cortez chega ao Teatro Afundación de Vigo coa súa xira «El regreso»
O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro venres, 20 de maio, ás 20.30 h, un concerto de Alberto Cortez, o coñecido cantautor arxentino, enmarcado dentro da súa xira «El regreso» coa que volve aos escenarios tras tres anos de descanso.