REY VARELA VISITA AS NOVAS INSTALACIÓNS DE DOWN CORUÑA QUE AXUDARÁN A ACADAR “A PLENA INTEGRACIÓN FAMILIAR, SOCIAL, EDUCATIVA E LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL”

  • Enxalza “o traballo de Down Coruña en prol das persoas con síndrome de Down”
  • Informa de que a Consellería apoia “a gran misión social de Down Coruña” a través dos convenios en materia de inclusión e o asinado con Down Galicia”

 

A Coruña, 21 de marzo de 2016.- Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá de hoxe as novas instalacións de Down Coruña, sitas no Lugar de Pedralonga. Segundo o responsable da área social, esta infraestrutura posibilitará que a entidade “incremente as súas tarefas en calidade e cantidade para chegar a máis familias”. Cómpre sinalar que esta nova infraestrutura será compartida polas entidades de Down Coruña e da Asociación de Veciños de Pedralonga, un proxecto que pretende a plena integración na sociedade das persoas con síndrome de Down a través da convivencia e do traballo conxunto con estoutra asociación.

 

O conselleiro salientou que grazas ao “apoio doutras institucións públicas e privadas”, a Xunta de Galicia traballa co “obxectivo fundamental de acadar a plena integración familiar, social, educativa e laboral de todas aquelas persoas con discapacidade intelectual, e dentro destas, aquelas con síndrome de Down”.

 

José Manuel Rey Varela, que estivo acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, e máis polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo Pouso, enxalzou “o traballo de Down Coruña en prol das persoas con síndrome de Down”. Dentro das actividades que realiza a entidade, o conselleiro destacou as dedicadas á “orientación, a atención, a información e asesoramento, a sensibilización social, a colaboración con garderías, o apoio escolar, a organización de conferencias, mesas redondas, seminarios, cursos, actividades deportivas e de ocio”.

 

O titular de Política Social informou de que a Consellería  apoia “a gran misión social de Down Coruña” a través dos 19.360 euros outorgados en 2015 en materia de inclusión e co convenio que asinamos anualmente coa entidade que agrupa as Asociacións específicas para a Síndrome de Down de Galicia (Down Galicia) que alcanza os 446.838 euros en 2016 e supón un aumento do 10% respecto a 2015”.

 

Na liña de apoio da Xunta de Galicia ás persoas con síndrome de Down, o conselleiro lembrou que a Consellería de Política Social vén de asinar varios contratos de xestión de servizos de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia destinados a persoas con discapacidade intelectual nos Concellos de A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. Estes cinco contratos estrutúranse en torno aos servizos de formación prelaboral, adestramento de habilidades persoais e sociais e logopedia cun importe anual de 233.402 euros. O número de horas contratadas ascende ata as 8.185 en toda Galicia, das que 1.020 horas corresponden á Coruña.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: