A Escuela de Negocios Afundación de IESIDE recibe o Premio Nacional El Suplemento á formación
A Escuela de Negocios Afundación de IESIDE (Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa) recibirá mañá en Madrid o Premio Nacional El Suplemento na categoría de formación, polo seu proxecto e a calidade dos programas que imparte. O galardón, que outorga a empresa editora El Suplemento, entregarase no transcurso dunha gala que se celebrará ás 18.30 h no hotel The Westin Palace, á que asistirán o director da Escuela de Negocios, Aurelio Villa e o director xerente de Afundación, Pedro Otero.