A concelleira de Educación acompaña ao Festival de Cans a 200 alumnos de colexios do Porriño e Mos

Cans1As actividades impulsadas polo Concello do Porriño este 2016, ano no que a achega municipal é a maior de toda a historia do festival, abranguen, como lembrou a concelleira de Educación, ademáis das visitas de rapazas e rapaces de colexios de toda a Área Metropolitana, a colocación dun ‘Canseto’ no centro da vila, un concurso de debuxo entre os colexios do Porriño e, este mesmo xoves, día 19, o desfile de chimpíns polo centro.

Os estudantes asistiron, na Casa Bugarín, á proxección do makin-off do documental que se estreou hoxe sobre a propia parroquia de Cans, e escoitaron as explicacións sobre o festival da presidenta da Asociación Arela, organizadora do mesmo, Keka Iglesias, do realizador do documental, Juanma Lodo, e do director do festival, Alfonso Pato.

Pato sinalou que o Festival de Cans é posible grazas ao traballo dos veciños da parroquia, entre eles varios rapaces da aldea, que fan de guías para que os espectadores coñezan o lugar e cheguen aos 10 lugares nos que se proxectan as curtas que participan no certame.

Neste mesmo eido, a concelleira Lourdes Moure subliñou que “é o traballo e o interese dos veciños o que fai posible que o Festival de Cans sexa unha referencia a nivel de toda Galicia e que mesmo comparta atención nos medios de comunicación co famoso festival de Cannes”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario