Txabi Franquesa presenta o seu monólogo Hablando con franqueza na Coruña e Vigo
O cómico Txabi Franquesa trae á Coruña e a Vigo o seu monólogo Hablando con franqueza, un percorrido a través do humor dos seus dez anos de carreira. Estará o sábado 13 de maio, ás 20.00 h, na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8) e o domingo 14 de maio, ás 19.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). O evento ten unha dimensión solidaria, xa que servirá para difundir o labor e recadar fondos para a Fundación Meniños. O proxecto co que se colaborará é «Viaxe ao Reino das Emocións» que utiliza a educación emocional como ferramenta para previr condutas violentas ou de acoso entre nenos. As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: na web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.