Archive | May 12, 2017

Nota informativa sobre los ciberataques a varias compañías

* No afecta ni a la prestación de servicios, ni a la operativa de redes, ni al usuario de dichos servicios

12.05.17. Tras la confirmación de diversos ciberataques a compañías españolas, el Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital, a través del Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe), está trabajando con las empresas afectadas con el objetivo de solucionar cuanto antes la incidencia.

Por la información disponible hasta el momento, el ataque ha afectado puntualmente a equipos informáticos de trabajadores de varias compañías. Por tanto, no afecta ni a la prestación de servicios, ni a la operativa de redes, ni al usuario de dichos servicios.

El ataque, un malware del tipo ramsonware, actúa sobre la vulnerabilidad de los componentes de ofimática de los PCs. Tras instalarse en el equipo, bloquea el acceso a los ficheros del ordenador afectado y pide un rescate. No compromete la seguridad de los datos ni se trata de una fuga de datos.

Desde el Incibe, en coordinación con las diferentes administraciones, se ha elaborado un diagnóstico de lo ocurrido en las empresas afectadas. El instituto está ofreciendo ayuda para solucionar los problemas y se asesora a otras compañías en una labor de prevenión para que no se vean afectadas por este ataque.

Los equipos de respuesta a incidentes cibernéticos nacionales están en contacto con las organizaciones afectadas, así como el Centro Nacional para la Protección de las Infraestructuras Críticas del Ministerio del Interior.

La alerta con detalles se puede consultar en las direcciones de los blogs corporativos de Incibe:

Alerta CERTSI: https://www.certsi.es/alerta-temprana/avisos-seguridad/oleada-ransomware-afecta-multitud-equipos

Alerta ciudadanos: https://www.osi.es/es/actualidad/avisos/2017/05/importante-oleada-de-ransomware-afecta-multitud-de-equipos

Alerta empresas: https://www.incibe.es/protege-tu-empresa/avisos-seguridad/importante-oleada-ransomware-afecta-multitud-equipos

REY VARELA ABORDA CO ALCALDE DE FERROL A NOVA RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES PROXECTADA NA ZONA DO BOIAL

O conselleiro tratou co rexedor ferrolán as melloras e obras acometidas nos equipamentos sociais dependentes da Xunta que están en funcionamento na cidade

  • O responsable da área social do Goberno galego explicou as características que terá o novo fogar da terceira idade proxectado nunha parcela do Boial e que incrementará en 120 máis a oferta de prazas residenciais no municipio
  • A Administración autonómica investiu máis de 1,6 millóns de euros na reforma e mellora de diversos centros como a Residencia de Maiores de Caranza, o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Souto de Leixa, o Centro de Menores Ferrol I ou nas escolas infantís de Catabois, Caranza e Virxe de Chamorro

 

Ferrol, 12 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou na xornada de hoxe a desenvolver a súa axenda de encontros con rexedores e rexedoras galegos coa finalidade de reforzar as liñas de colaboración entre administracións. Nesta ocasión, entrevistouse co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández, con quen abordou a situación programas sociais, as melloras acometidas recentemente nos centros de maiores e escolas infantís que dependen da Xunta, así como e a proposta de construír unha nova residencia da terceira idade no municipio.

 

Rey Varela explicou que Ferrol é un dos grandes concellos de Galicia na que está proxectada para esta lexislatura a edificación e entrada en servizo dun novo centro residencial, sendo o emprazamento proposto a zona do Boial. Esta nova infraestrutura ofertará 120 novas prazas para maiores, diminuíndo de maneira considerable a demanda existente tanto na cidade como nas localidades limítrofes.

 

En canto ás características desta instalación, o conselleiro destacou que a zona residencial será a máis ampla e incluirá as estancias destinadas a aloxamento –sendo a maioría das habitacións individuais con baño-, comedor, perruquería, cuarto de enfermaría, sala de estar e aseos. Ademais e como novidade, o centro terá diferenciadas a unidade xeriátrica da psicoxeriátrica co fin de ofrecer unha correcta atención e mellorar a calidade asistencial que padezan trastornos cognitivos severos. O resto das zonas do edificio destinaranse a usos sociais, área de atención especializada e espazos para recursos administrativos e servizos.

 

Así mesmo, o titular de Política Social e o primeiro edil repasaron as actuacións de mellora acometidas recentemente en centros autonómicos asentados na cidade. Entre elas, a reforma da residencia de maiores de Caranza e do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAP) Souto de Leixa, así como os traballos levados a cabo con cargo ao plan de investimentos de cumprimento da débeda no Centro de Menores Ferrol I e nas escolas infantís de Catabois, Caranza e Virxe do Chamarro. A suma da contía investida pola Xunta nestas actuacións sitúase por riba de 1,6 millóns de euros.

 

Noutra orde de cousas, Rey Varela destacou o incremento das horas dispoñibles no Servizo de Atención no Fogar (SAF) a persoas dependentes. A Consellería ten posto a disposición do concello ferrolán 2.876 horas máis ao mes, o que supón un incremento do 20% e un cómputo total de horas anuais de 204.600 das que se benefician na actualidade preto de 300 persoas.

 

Por último, o conselleiro destacou que Ferrol tamén é un dos municipios que se ten beneficiado do reforzo dos equipos socicomunitarios básicos. Neste caso, coa contratación a través do Plan Concertado dun educador social máis, o que redundará na mellora da atención de proximidade.

 

O mandatario autonómico e local acordaron continuar coa cooperación emprendida entre as dúas institucións, pensando no benestar e na mellora dos servizos e programas dirixidos ás persoas e familias que máis precisan do apoio das administracións.

 

Ampliación prazo solicitudes: MARCO: convocatoria aberta /#Clínica Colectiva de Proxectos

Dende o MARCO comunicámosvos que o prazo desta convocatoria se amplía ata o luns 15 de maio, ás 14.00.

LÓPEZ-CHAVES VISITA O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE TEIS

  • O delegado territorial da Xunta na área de Vigo interesouse polas actividades desenvolvidas e que benefician anualmente a máis de 3.000 veciños
  • Os 9 centros da área de Vigo mobilizan uns 10.000 usuarios en conxunto aos que lles ofrecen máis de 200 actividades

 

Vigo, 12 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro coa directora do Centro Sociocomunitario de Teis, María Luisa Rodríguez, co obxectivo de interesarse polas actividades desenvolvidas das que se benefician anualmente máis de 3.000 veciños, cunha media de 400 usuarios diarios.

 

Logo de se ter reunido no pasado mes de febreiro cos directores e directoras dos centros sociocomunitarios de Vigo e a súa área de territorial, o representante do Goberno galego iniciaba en abril unha rolda polos devanditos centros que arrancaba en Porriño e hoxe levouno a Teis. Segundo lle trasladou a responsable destas instalacións, nelas realízanse todo tipo de actividades de lecer e tempo libre que se van programando ao longo do ano.

 

O Centro Sociocomunitario de Teis é un dos centros sociais con maior número de usuarios de Vigo e cunha variada programación de actividades de carácter multidisciplinar desenvolvendo así unha importante labor social. Segundo comentou a directora, a “prevención” é un dos principais obxetivos que se perseguen no deseño do programa, con cursos de  manualidades, debuxo e pintura, canto coral, habilidades sociais e memoria, ximnasia ou ioga, entre outros. Especial éxito están tendo as actividades enfocadas ao movemento e o relax, así como as novas tecnoloxías, tal e como puido comprobar López-Chaves, que felicitou a directora, cadro de profesores e persoal do centro polo traballo desenvolvido ao longo de estes anos cunha oferta moi atractiva para os usuarios.  

 

A área territorial de Vigo conta cun total de 9 centros sociocomunitarios: tres en Redondela, Baiona e O Porriño mentres que no caso da cidade olívica, existen 6. Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario son as instalacións polas que, de media, adoitan pasar unhas 1.000 persoas ao ano para se beneficiar das súas actividades ou para gozar doutros servizos que se ofrecen coma a biblioteca, sala de xogos ou de prensa.

 

En total, os 9 centros sociocomunitarios mobilizan entre 9.000 e 10.000 usuarios anuais aos que, de xeito global, lles ofrecen máis de 200 actividades. Cursos de taichi, bolillos, informática, inglés, música, obradoiros de cerámica, de costura ou cociña, entre outros moitos, súmanse ás excursións, charlas ou conferencias que todos os días se ofertan nestas instalacións que dependen da Consellería de Política Social.

 

Destino Ibiza and Luciano announce “Luciano & Friends” is back

Luciano will also headline the Grand Destino Ibiza Opening on Friday June 2nd from 5pm till 11:30pm.  

It’s official! LUCIANO & FRIENDS returns to DESTINO IBIZA this summer with a couple of dates beginning Friday June 2nd with the Destino Ibiza Opening Party, followed by 27th of July and 24th of August with the LUCIANO & FRIENDS.

After the great success of last year at DESTINO Ibiza, Luciano returns in 2017 with new music, a new energy and some very special guests who will take you on a journey through these musical sessions running for four hours from sunset till the end of the event in one of the most exclusive locations of the Island.
«Luciano and Friends» full line up will be announce soon.

2017 marks 50 years of Pacha, a year you won’t want to miss.
###
More info DESTINO:
http://destinoibiza.com
http://www.facebook.com/destinoibiza
https://twitter.com/destinoibiza
https://soundcloud.com/destinoibiza

REY VARELA REÚNESE COA ASOCIACIÓN DE GRADUADOS SOCIAIS PARA ABORDAR MELLORAS DE ÍNDOLE SOCIAL EN FERROL

  • O titular autonómico insistiu na importancia do diálogo e da colaboración entre administracións e entidades para avanzar na consecución do benestar social de todos os galegos e galegas

 

Ferrol, 12 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe un encontro cos representantes da Asociación de Graduados Sociais de Ferrol, no que trataron diversos temas de índole social da cidade. Esta reunión de traballo forma parte da rolda de contactos que está a manter o titular autonómico coas entidades sociais e con aquelas que teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas.

 

Os obxectivos da asociación son realizar estudos sobre materias en índole social, cultural e profesional e colaborar con organismos que traballen en prol do avance da sociedade, metas compartidas pola Xunta de Galicia. No transcurso do encontro, a asociación trasladou ao conselleiro as diferentes actividades que levan a cabo, así como  o positivo resultado da celebración o pasado mes de abril das XVI Xornadas sobre condicións de traballo e saúde. Este encontro abordou, entre outros asuntos, os dereitos sociais en Europa como vía para establecer os principios para apoiar uns mercados laborais e sistemas de protección social que funcionen correctamente.

 

O titular autonómico insistiu na importancia do diálogo e da colaboración entre administracións e entidades para avanzar na consecución do benestar social de todos os galegos e galegas e destacou a colaboración da Xunta de Galicia nestas xornadas. Así mesmo, Rey Varela comprometeuse a estudar posibles futuras vías de colaboración coa Asociación de Graduados Sociais da cidade departamental.

 

Ara Malikian trae a Vigo La increíble historia de Violín

O violinista Ara Malikian chega a Vigo o vindeiro mes de outubro con La increíble historia de Violín, título que dá nome á súa nova xira e ao seu último disco publicado a finais do 2016. O concerto será o venres 20 de outubro, a partir das 21.00 h, no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo. As entradas xa se poden adquirir a través da páxina web Ataquilla.com, no teléfono 902 504 500 ou no punto de venda habilitado na Sede Afundación Vigo.

 

Txabi Franquesa presenta o seu espectáculo Hablando con franqueza na Coruña e Vigo

O cómico Txabi Franquesa trae á Coruña e Vigo o seu monólogo Hablando con franqueza, un percorrido a través do humor dos seus dez anos de carreira. Estará o sábado 13 de maio, ás 20.00 h, na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8) e o domingo 14 de maio, ás 19.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). O evento ten unha dimensión solidaria xa que servirá para difundir o labor e recadar fondos para a Fundación Meniños. O proxecto co que se colaborará é «Viaxe ao Reino das Emocións» que utiliza a educación emocional como ferramenta para previr condutas violentas ou de acoso entre nenos. As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: na web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

A XUNTA APROBA DEFINITIVAMENTE O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DE TRES TRAMOS DE SENDA NA ESTRADA PO-552, NOS CONCELLOS DE VIGO E NIGRÁN

O DOG anuncia hoxe tamén a aprobación do expediente de información pública desta actuación

Así mesmo, o Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción deste itinerario

  • Esta actuación, cun investimento de máis de 868.000 euros, está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, que contempla a execución de 12,5 km de novas sendas, cun orzamento global duns 5 millóns de euros
  • O primeiro tramo, entre Coruxo e Roteas, iníciase onde finalizan as beirarrúas en Coruxo e construirase senda polas dúas marxes ata o pavillón de deportes, continuando pola marxe dereita ata a zona inicial de San Miguel de Oia
  • O segundo tramo, na Estea, localízase na travesía de San Miguel de Oia, comezando no Pq. 5+600 e finaliza no 6+070, punto no que remata a travesía
  • O último treito iníciase no punto no que comeza a travesía de Priegue (Pq. 6+910) e remata no 7+500, onde conecta coas beirarrúas existentes nas Rexas

 

Santiago, 12 de maio de 2017 .- A Xunta aproba definitivamente o proxecto de construción dun Itinerario peonil e ciclista na estrada PO-552, nos treitos Coruxo – Roteas, A Estea e Priegue, nos Concellos de Vigo e Nigrán. Así mesmo o Diario Oficial de Galicia (DOG) tamén anuncia hoxe a aprobación do expediente de información pública desta actuación. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/dIL6Jq.

 

O Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción deste itinerario.

 

O obxecto da actuación é a construción dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-552, en tres treitos situados entre os pp.qq. 3+280 e 7+500. O orzamento base de licitación do proxecto de construción é de máis de 868.000 euros.

 

O Decreto de Utilidade Pública comprende as expropiacións das 32 fincas necesarias para a execución de tres tramos de senda para uso peonil e de ciclistas na estrada PO-552 (Vigo – Tui), 25 delas no Concello de Vigo e 7 no de Nigrán.

 

O primeiro tramo, entre Coruxo e Roteas, iníciase no Pq. 3+280, onde finalizan as beirarrúas existentes en Coruxo, e construirase senda polas dúas marxes da estrada ata o Pq. 3+600, na zona do pavillón de deportes. Desde este punto seguirase pola marxe dereita ata o 4+440, punto situado na zona inicial de San Miguel de Oia.

 

O segundo tramo, na Estea, localízase na travesía de San Miguel de Oia, comezando no Pq. 5+600 e finaliza no 6+070, punto no que remata a travesía. Prevese a súa construción pola marxe dereita da estrada PO-552, xa que na esquerda xa existe beirarrúa.

 

O último treito iníciase no punto no que comeza a travesía de Priegue (Pq. 6+910) e remata no 7+500, onde conecta coas beirarrúas existentes nas Rexas. Proxéctase tamén pola marxe dereita da estrada.

 

A sección tipo consta dunha senda dun ancho mínimo de 1,8 metros separada da calzada por unha zona axardinada e os bordos de separación nos tramos nos que as características da estrada e as edificacións existentes o permiten.

 

Ademais da senda executaranse outras obras complementarias como a mellora das paradas de bus existentes nos tramos obxecto da actuación; a adaptación da intersección do Pq. 3+520 ao paso da senda, de modo que quedará habilitado un cambio de sentido para facilitar os xiros no sobreancho existente neste punto, e a mellora da drenaxe na curva do Pq. 7+100, nas Rexas.

 

Plan de Sendas

Este itinerario está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia, concretamente na comarca de Vigo, onde a Axencia Galega de Infraestruturas executará aproximadamente 12,5 quilómetros de novas sendas, cun orzamento que se achega os 5 millóns de euros. A Xunta ten garantido o financiamento ao terse incluído estas actuacións no programa operativo de Galicia dos fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.

 

Na estrada PO-552, o Plan de Sendas contempla varios itinerarios peonís e ciclistas. Así, no paseo marítimo existente en Baiona diferenciaranse os espazos destinados a peóns ciclistas na zona próxima ao Parador. O contrato de obras xa está adxudicado e está previsto iniciar os traballos no mes de setembro para non causar molestias ao importante número de usuarios do paseo nos meses de verán. Na mesma estrada prevese complementar o itinerario na zona de Santa Marta, para o que o proxecto xa está redactado.

 

Outra senda proxectada nesta comarca construirase na PO-331, dende O Porriño ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín, no Concello de Mos. A Consellería de Infraestruturas xa adxudicou o contrato para a execución desta actuación.

 

A Axencia Galega de Infraestruturas licitou o pasado mes de marzo os contratos para execución de dúas sendas máis: unha entre Amoedo e Pazos de Borbén, na PO-250, e outra na PO-325 que permitirá completar o itinerario peonil e ciclista existente nesta estrada en Nigrán.

 

O proxecto da senda para peóns e ciclistas na PO-340 entre Gondomar e A Ramallosa xa foi sometido a información pública en novembro de 2016. Nestes momentos estase a ultimar a supervisión do proxecto, para a súa próxima aprobación e licitación das obras neste verán.

 

Actualmente atópase en período de información pública o proxecto dunha senda que comunica Navia (desde a glorieta da circunvalación VG-20) coa intersección á estrada a Samil. Tamén está en redacción o proxecto dunha senda na PO-411, en Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas.

 

El contador del amor en Vigo e Pontevedra dentro da Tempada de Teatro de Afundación

A produción teatral El contador del amor visitará Vigo e Pontevedra da man de Afundación e a súa Tempada de Teatro 2017. A obra, dirixida por César Lucendo e cun elenco formado por Natalia Sprenger, David Mora e Antonio Zabálburu, estará mañá, sábado 13 de maio, ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o domingo 14 de maio, ás 20.00 h, no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2). As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500 para todas as persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.