Archive | May 10, 2017

A XUNTA MELLORA OS CENTROS DE ATENCIÓN A MAIORES E INFANCIA COMO VÍA PARA GARANTIR A PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE CALIDADE

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu hoxe na sede do Parlamento autonómico

  • O titular autonómico fixo referencia ás melloras realizadas en instalacións da provincia da Coruña como o centro de menores San José de Calasanz e o de Ferrol, as residencias de maiores de Oleiros, de Ferrol e Volta do Castro e o CPAD

 

Santiago, 10 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reiterou esta tarde en sede parlamentaria a aposta da Xunta de Galicia por mellorar os recursos que o goberno galego pon á disposición de todos os galegos e galegas nas catro provincias. En concreto, fixo fincapé na situación actual dos recursos e a calidade asistencial dos centros dependentes do departamento autonómico na provincia da Coruña.

 

Así, o responsable da área social do Goberno galego, explicou que ao longo dos últimos meses se teñen realizado diferentes obras de mellora en centros de menores, residencias de maiores e centros de atención á discapacidade no marco dun plan xeral de mellora de infraestruturas que xa se está a desenvolver e que terá continuidade ao longo da lexislatura. O obxectivo é seguir prestando servizos de calidade e cubrir as necesidades dos usuarios dos centros dependentes da Consellería de Política Social.

 

Deste xeito, Rey Varela lembrou varias actuacións que se acometeron nos centros dependentes da Consellería de Política Social na provincia da Coruña. Entre elas as do centro de menores de San José de Calasanz. Actualmente este centro atópase nunha situación arquitectónica óptima que permite unha correcta integración, educación e inserción dos menores en situación de especial vulnerabilidade. Por elo se levou a cabo a reforma e equipamento dos baños e habitacións, a reforma do pavillón e o acondicionamento da zona de antigas cabalerizas entre outras, para o que se consignou un importe de 738.000 euros.  

 

No tocante ao centro de menores de Ferrol, acondicionouse a planta baixa para que os rapaces e rapazas poidan facer uso dun ximnasio completamente equipado. Tamén se realizaron reparacións diversas e a Xunta investiu un total de 330.000 euros.

 

No ámbito das persoas maiores, a Xunta fixo melloras na residencia de Oleiros no tocante á zona da enfermería, e estase a acondicionar diversas zonas para o uso de residentes e familiares así como para garantir un correcto traslado dos usuarios. O orzamento executado para este fin ascende a 120.000 euros.

 

A residencia Volta do Castro tamén será obxecto de mellora, neste caso no que se refire a mellorar as condicións térmicas do centro, cun investimento previsto de 120.000 euros.

 

Outra das residencias que experimentou unha ampla serie de reformas foi a de Caranza en Ferrol, e na que se actuou nos andares 1º, 5º, 6º e 7º, o que supuxo un investimento de máis de 740.000 euros.

 

O conselleiro tamén fixo referencia ao CPAD Coruña e para o que a Xunta ten planificado un cronograma de accións que permita mellorar aínda máis a seguridade e funcionalidade do complexo. Debido ás características deste recurso, unha obra en calquera instalación implica ter en conta o efecto sobre o resto dos edificios, polo que se elaborou un estudo pormenorizado das actuacións a realizar para unha execución correcta, eficaz, idónea e sobre todo segura.

 

Rey Varela finalizou a súa intervención facendo alusión á creación de 155 prazas para mellorar a calidade asistencial das prestacións e á modificación da configuración de postos de traballo, que permite unha adecuada posta en práctica das carteiras de servizos da Consellería de Política Social.  

 

ETHEL VÁZQUEZ DESTACA QUE A XUNTA AGARDA DESDE FEBREIRO A QUE O CONCELLO DE VIGO REMITA A SÚA PROPOSTA TÉCNICA PARA CONVERSIÓN EN VÍA URBANA DO TREITO DA AP-9 ENTRE O CENTRO DA CIDADE E O ENLACE DE BUENOS AIRES

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda subliñou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta vén apoiando esta actuación porque sería de gran utilidade para Vigo e para a toda a súa zona de influencia

  • Vázquez lembra que na primeira reunión da Comisión da AP-9, Xunta e Fomento acordaron solicitarlle ao Concello unha proposta que compatibilice integración urbana, capacidade e funcionalidade, para analizar a viabilidade da intervención
  • Salienta que ao día seguinte a Xunta lla solicitou ao Concello e o alcalde de Vigo anunciou que a remitiría “esa mesma tarde”, pero non se ten recibido nin na Administración autonómica nin no Ministerio de Fomento
  • Explica que dado que o Concello está a redactar un novo Plan Xeral, enténdese que debe prever unha actuación concreta nesta zona
  • Indica que a conversión permitiría todos os movementos, cando hoxe este treito está pensado para o tráfico interurbano e non son posibles os desprazamentos que proveñan do centro de Vigo ou entren cara el
  • Sinala que se desconxestionaría o tráfico, dado que se podería circunvalar parte do núcleo urbano da cidade, servindo como alternativa a rúas como Sanjurjo Badía ou Travesía de Vigo, e posibilitaría que a AP-9 deixase de ser unha barreira urbana e se convertese nunha arteria estratéxica para o tráfico local

 

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, interveu hoxe no Parlamento de Galicia, no que salientou que a Xunta leva agardando dende febreiro a que o Concello de Vigo remita a súa proposta técnica para a conversión en vía urbana do treito da AP-9 entre o centro da cidade e o enlace de Buenos Aires.

 

Vázquez Mourelle recordou que na primeira reunión da Comisión da AP-9, o 22 de febreiro, a Xunta e o Ministerio de Fomento acordaron solicitarlle ao Concello que trasladase unha proposta técnica que compatibilice integración urbana, capacidade e funcionalidade, para poder analizar a viabilidade da intervención que se plantexa, e que se entende que debe de estar prevista nos traballos de redacción do novo Plan Xeral.

 

A conselleira, ao día seguinte da reunión, dirixiuse persoalmente ao alcalde de Vigo para comunicarlle que a conversión en vía urbana fora abordada nesa xuntanza; para solicitarlle unha proposta técnica e ofrecerlle a total colaboración do Goberno galego. O alcalde manifestou ante os medios que ía trasladar a proposta esa mesma tarde, pero a día de hoxe o Concello non ten dado resposta á carta enviada.

 

A conselleira subliñou que esta conversión, entre outras melloras, permitiría todos os movementos, cando a día de hoxe este treito está pensado para o tráfico interurbano e non son posibles os desprazamentos que proveñan do centro de Vigo ou entren cara el.  

 

A Xunta vén apoiando esta iniciativa e está a favor de converter ese treito de preto de 2,5 km da AP-9 nunha vía con características urbanas, porque sería de gran utilidade para Vigo e para a toda a súa zona de influencia. Así, desconxestionaríase o tráfico, dado que se podería circunvalar parte do núcleo urbano da cidade, servindo como alternativa a rúas moi saturadas como Sanjurjo Badía ou Travesía de Vigo. Ademais, posibilitaría que a AP-9 deixase de ser unha barreira urbana e se convertese nunha arteria estratéxica para o tráfico local.

 

Cómpre salientar que esta actuación ten unha certa complexidade porque este treito rexistra un tráfico de 57.000 vehículos/día e trátase dunha vía xestionada polo Ministerio de Fomento a través de concesión, que se convertería en urbana, o que requiriría a modificación previa da concesión e cambio de titularidade.

 

A conselleira indicou que tanto a Xunta como o Ministerio consideran que unha actuación destas características debe ser estudada en detalle e co máximo rigor para poder contribuír a facer cidade coa reforma deste vía, preservando ao mesmo tempo, a súa funcionalidade e a súa capacidade. Por iso, e dado que o Concello é a Administración máis próxima aos cidadáns, a que debe coñecer de primeira man o fluxo de tráfico nas entradas da cidade e as necesidades e demandas dos veciños e familias da zona, é a que asumiría a titularidade da vía.

 

Xuntanza do Goberno local con directivos do Colexio Santo Tomás, membros da ANPA e representantes da Comunidade de Montes de Torneiros

O GOBERNO LOCAL ACORDA COA DIRECTIVA DO COLEXIO SANTO TOMÁS, A ANPA E REPRESENTANTES DA COMUNIDADE DE MONTES DE TORNEIROS ASINAR UN CONVENIO PARA GARANTIR, PARA SEMPRE, O ACCESO AO CENTRO EDUCATIVO

O tenente de alcalde, Manuel Carrera, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o concelleiro de de Urbanismo, Marcelino Coto, mantiveron unha xuntanza este mércores con representantes do Colexio Santo Tomás, Asociacións de Nais e Pais (ANPA) e Comunidade de Montes de Torneiros, para tratar do problema do acceso ao centro.

Manuel Carrera sinalou que trátase, ademais do feito de que dos país e nais que levan e recollen aos seus fillos no colexio e teñen que deixar os coches na estrada PO-331, senón, “especialmente, un problema de seguridade que hai que resolver canto antes”.

Neste eido, o tenente de alcalde comprometeuse a que o Concello faga axiña unha valoración dos camiños que levan ao centro educativo, para proceder ao seu arranxo e asfaltado de xeito que teña saía á devandita estrada-da que é titular a Deputación- á altura de A Mota e, ao tempo “asinar un convenio a tres bandas entre o Concello, o Colexio Santo Tomás e a Comunidade de Montes de Torneiros” de xeito que os camiños que dan a este centro educativo pasen a ser considerados coma camiños públicos,  poidan ser usados para sempre polo colexio.

Ao mesmo tempo, salientou Manuel Carrera, o Goberno local acometerá a conexión á rede de saneamento de varias das vivendas situadas nestes camiños ao tempo que un deles se deixará no seu estado natural para que  Comunidade de Montes poida rematar unha zona de lecer.

Porén o  Goberno local levará ao Pleno do Concello esta iniciativa, co seu estudo e valoración económica, posto que , como salienta o tenente de alcalde, “é o xeito máis rápido de poder levar este traballo adiante”.

Carrera salientou que todas as partes amosaron a súa satisfacción ao remate da xuntanza. Que todos eles están citados a unha segunda reunión dentro dunha semana para dar conta da contía económica desta obra, e amosouse especialmente satisfeito por acabar coas denuncias e queixas das veciñas e veciños da zona pero “particularmente polo feito de que remataremos cun risco moi considerable que se está a dar na entrada e saída do colexio cada día”.

A XUNTA AVOGA POR AFONDAR NA COOPERACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS E COAS ENTIDADES SOCIAIS PARA FACER FRONTE Á POBREZA E A EXCLUSIÓN

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, abordou esta mañá no Parlamento de Galicia os datos de pobreza infantil na comunidade

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, responder‡ a unha interpelaci—n sobre pobreza infantil

  • En Galicia a pobreza infantil e a exclusión social ten menos incidencia que no conxunto de España, segundo sinalan tanto os indicadores europeo e nacional
  • O Goberno galego ten na Estratexia de Inclusión Social 2014-2020 e na nova Axenda Social as principais ferramentas para apoiar ás familias en situación ou risco de vulnerabilidade

 

Santiago, 10 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela,  indicou hoxe en sede parlamentaria que en Galicia a pobreza infantil e a exclusión teñen menos incidencia que no conxunto de España, segundo sinalan tanto a taxa europea Arope como os últimos datos da Enquisa sobre Condicións de Vida do Instituto Nacional de Estatística (INE).  

 

Así, a última taxa Arope correspondente ao ano 2016 sitúa a Galicia no 25,4%, un 0,3% menos que no ano 2015, sendo a media nacional do 27,9%. Asemade, os datos publicados polo INE o pasado mes de abril sinalan que na Comunidade Autónoma baixa a taxa de risco de pobreza do 19,4% ao 19%, mentres que no conxunto do territorio nacional sube do 21,1% ao 22,3%. Así mesmo, Galicia tamén ten hoxe menos risco de pobreza que antes da crise, aos pasar esta do 20,9% no ano 2008 ao xa sinalado 19% actual.

 

Na súa intervención, o conselleiro indicou que “non podemos estar satisfeitos, xa que aínda resta moito por facer na erradicación da pobreza, sobre todo cando esta afecta aos nenos e nenas, que son un colectivo prioritario pola súa situación de especial desprotección”. Ao respecto, explicou que os casos de vulnerabilidade en menores prodúcense en familias en situación ou risco de exclusión, polo que “cómpre rachar co ciclo da transmisión da pobreza entre xeracións e intervir de maneira simultánea en distintos ámbitos: o familiar, o educativo, o social e o económico”, apuntou.

 

Rey Varela avogou por continuar co desenvolvemento das medidas recollidas na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 e na nova Axenda Social de Galicia para facer fronte á pobreza e a á exclusión, ao tempo que destacou das mesmas o feito de que son o resultado do diálogo e do consenso cos concellos e a entidades de iniciativa social.

 

Deste xeito, o responsable da área social do Goberno galego explicou que se están a desenvolver medidas específicas de loita contra a pobreza infantil como a habilitación dun procedemento para o pago anticipado das axudas de inclusión social no caso de familias con menores, o programa integral de intervención con nenos e nenas menores de 16 años en situación de vulnerabilidade e as súas familias posto en marcha nas sete grandes cidades ou a liña de axudas para o pago de medicamentos.

 

Ademais, referiuse a accións dirixidas a mellora  das condicións de vida das familias en situación de privación severa, como o tícket eléctrico ou as axudas para a adquisición de material escolar; así como ás axudas, exencións e deducións fiscais que se aplican ás familias por nacemento de fillo; as exencións de pago das cotas en escolas infantís; as accións promotoras da inclusión residencial, como o programa Reconduce, o Bono Aluguer ou o programa de vivendas baleiras; e o incremento da partida económica da Risga, entre outras.

 

Por último, o conselleiro tamén lembrou o reforzo dos equipos sociocomunitarios básicos dos Concellos, coa mellora do financiamento dos mesmos e o incremento do número de profesionais coa finalidade de dar unha mellor atención de proximidade ás persoas e familias que máis o precisan.

 

Para rematar a súa intervención, Rey Varela avogou por afondar na colaboración e coordinación entre administracións e coas entidades e axentes sociais para que “coa suma dos esforzos de todos poidamos seguir desenvolvendo políticas integrais que permitan paliar os efectos da  exclusión e atacar as causas que a provocan”.

 

A XUNTA AVOGA POR AFONDAR NA COOPERACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS E COAS ENTIDADES SOCIAIS PARA FACER FRONTE Á POBREZA E A EXCLUSIÓN

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, abordou esta mañá no Parlamento de Galicia os datos de pobreza infantil na comunidade

En Galicia a pobreza infantil e a exclusión social ten menos incidencia que no conxunto de España, segundo sinalan tanto os indicadores europeo e nacional

  • O Goberno galego ten na Estratexia de Inclusión Social 2014-2020 e na nova Axenda Social as principais ferramentas para apoiar ás familias en situación ou risco de vulnerabilidade

 

Santiago, 10 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela,  indicou hoxe en sede parlamentaria que en Galicia a pobreza infantil e a exclusión teñen menos incidencia que no conxunto de España, segundo sinalan tanto a taxa europea Arope como os últimos datos da Enquisa sobre Condicións de Vida do Instituto Nacional de Estatística (INE).  

 

Así, a última taxa Arope correspondente ao ano 2016 sitúa a Galicia no 25,4%, un 0,3% menos que no ano 2015, sendo a media nacional do 27,9%. Asemade, os datos publicados polo INE o pasado mes de abril sinalan que na Comunidade Autónoma baixa a taxa de risco de pobreza do 19,4% ao 19%, mentres que no conxunto do territorio nacional sube do 21,1% ao 22,3%. Así mesmo, Galicia tamén ten hoxe menos risco de pobreza que antes da crise, aos pasar esta do 20,9% no ano 2008 ao xa sinalado 19% actual.

 

Na súa intervención, o conselleiro indicou que “non podemos estar satisfeitos, xa que aínda resta moito por facer na erradicación da pobreza, sobre todo cando esta afecta aos nenos e nenas, que son un colectivo prioritario pola súa situación de especial desprotección”. Ao respecto, explicou que os casos de vulnerabilidade en menores prodúcense en familias en situación ou risco de exclusión, polo que “cómpre rachar co ciclo da transmisión da pobreza entre xeracións e intervir de maneira simultánea en distintos ámbitos: o familiar, o educativo, o social e o económico”, apuntou.

 

Rey Varela avogou por continuar co desenvolvemento das medidas recollidas na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 e na nova Axenda Social de Galicia para facer fronte á pobreza e a á exclusión, ao tempo que destacou das mesmas o feito de que son o resultado do diálogo e do consenso cos concellos e a entidades de iniciativa social.

 

Deste xeito, o responsable da área social do Goberno galego explicou que se están a desenvolver medidas específicas de loita contra a pobreza infantil como a habilitación dun procedemento para o pago anticipado das axudas de inclusión social no caso de familias con menores, o programa integral de intervención con nenos e nenas menores de 16 años en situación de vulnerabilidade e as súas familias posto en marcha nas sete grandes cidades ou a liña de axudas para o pago de medicamentos.

 

Ademais, referiuse a accións dirixidas a mellora  das condicións de vida das familias en situación de privación severa, como o tícket eléctrico ou as axudas para a adquisición de material escolar; así como ás axudas, exencións e deducións fiscais que se aplican ás familias por nacemento de fillo; as exencións de pago das cotas en escolas infantís; as accións promotoras da inclusión residencial, como o programa Reconduce, o Bono Aluguer ou o programa de vivendas baleiras; e o incremento da partida económica da Risga, entre outras.

 

Por último, o conselleiro tamén lembrou o reforzo dos equipos sociocomunitarios básicos dos Concellos, coa mellora do financiamento dos mesmos e o incremento do número de profesionais coa finalidade de dar unha mellor atención de proximidade ás persoas e familias que máis o precisan.

 

Para rematar a súa intervención, Rey Varela avogou por afondar na colaboración e coordinación entre administracións e coas entidades e axentes sociais para que “coa suma dos esforzos de todos poidamos seguir desenvolvendo políticas integrais que permitan paliar os efectos da  exclusión e atacar as causas que a provocan”.

 

«Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia», de Afundación, ABANCA e o Concello de Vilagarcía de Arousa

Afundación, ABANCA e o Concello de Vilagarcía de Arousa presentan mañá, xoves 11 de maio, ás 20.00 h, a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Ao acto de inauguración asistirán Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación e director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA; e Alberto Varela Paz, alcalde de Vilagarcía de Arousa. Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. A mostra permanecerá aberta ao público na Sala de Exposicións Antón Rivas Briones do Concello de Vilagarcía de Arousa de luns a sábado, de 10.30 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 h, e domingos de 11.00 a 14.00 h.

A XUNTA MODIFICARÁ O PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA PARA FACILITAR O DESENVOLVEMENTO FUTURO DE SEIS PARQUES DA COMUNIDADE

 

  • A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou hoxe a tramitación administrativa desta modificación
  • Con este procedemento permitirase acometer as actuacións precisas nos parques de Encrobas (Cerceda), Palas de Rei, Seilxalbo-O Cumial (Ourense), Bueu, Moaña e Cambre

 

 

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia iniciou hoxe a tramitación da modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia formúlase co obxectivo xeral de facilitar o desenvolvemento futuro de seis áreas empresariais, cinco das cales estaban xa contidas no documento orixinal do Plan Sectorial e unha de nova delimitación.

 

Coa modificación do plan búscase favorecer o desenvolvemento futuro das áreas empresariais  para facelas mais viables de cara á súa execución sempre respondendo a criterios de sostibilidade económica, social e ambiental.

 

Os ámbitos que se verán afectados pola presente modificación son os seguintes:

 

  • Parque empresarial de Encrobas (Cerceda)
  • Parque empresarial de Palas de Rei  (Palas de Rei)
  • Parque empresarial Seixalbo – O Cumial  (Ourense)
  • Parque empresarial Bueu-Castiñeiras  (Cangas – Bueu)
  • Parque empresarial de Moaña (Moaña)
  • Plan de sectorización, Erzana S.L.  (Cambre)

 

A través desta modificación do plan sectorial inclúese no mesmo a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (Lugo) a causa da demanda existente de solo unha vez que os terreos da segunda fase do mesmo, incluída no plan sectorial orixinalmente aprobado, atópase esgotada e imposibilita o asentamento de novas empresas. Na presente modificación se delimita unha nova fase denominada Parque empresarial de Palas de Rei Fase III.

 

No parque empresarial das Encrobas, en Cerceda (A Coruña) a modificación do plan sectorial divide o ámbito en dúas actuacións independentes ao verse afectado pola infraestrutura ferroviaria que atravesa o sector, pasando a denominarse Parque empresarial de Encrobas I e Parque empresarial de Encrobas II.

 

En canto ao parque empresarial Seixalbo-O Cumial, en Ourense, redelimitase o ámbito para axustarse ao parcelario e para desafectar zonas residenciais incompatibles co uso industrial.

 

O Parque empresarial Bueu-Castiñeiras (Pontevedra) divídese en dúas actuacións independentes. Unha situada en Bueu como ampliación do parque existente de Castiñeiras, e a de Cangas trasladase a un novo emprazamento para facilitar a súa viabilidade.

 

No caso do parque empresarial de Moaña, prevese a redución do ámbito nun 35 por cento da superficie total delimitada inicialmente no plan sectorial. O obxectivo da redución é adaptar o ámbito do parque empresarial á topografía da zona e excluír do ámbito zonas con valores naturais.

 

Finalmente, corríxense os erros existentes no documento inicial do plan sectorial respecto do plan de sectorización (Erzana S.L.) en Cambre.

 

A XUNTA DE GALICIA APOIA A ASOCIACIÓN COMPOSTELÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE NA NOVA EDICIÓN DA CARREIRA E ANDAINAS SOLIDARIAS

Este evento de carácter deportivo e solidario terá lugar o domingo 21 de maio

 

 

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, fixo un chamamento á participación da mocidade durante o acto de presentación da actividade  

 

Santiago, 10 de maio de 2017.-  A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, participou na presentación da “III Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, que organiza a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple e que terá lugar o domingo 21 de maio. Durante o acto, que tivo lugar na sede da entidade, proxectouse un vídeo de promoción deste evento deportivo e solidario.

 

Cecilia Vázquez animou á cidadanía galega a participar en actividades solidarias como esta que leva a cabo Acem. Neste sentido, explicou que Galicia conta a día de hoxe con máis de 900 entidades de acción voluntaria inscritas no seu rexistro oficial, alcanzando os preto de 40.500 voluntarios. “Esta carreira é unha nova oportunidade para poñer de manifesto as inquedanzas, a implicación e as gañas de colaborar do voluntariado galego en iniciativas importantes como é esta carreira en prol das persoas con esclerose múltiple”, apuntou.

 

Asemade, esta responsable autonómica encomiou o traballo que realiza Acem no tocante á organización e promoción de todo tipo de accións destinadas a mellorar a situación das persoas afectadas pola esclerose múltiple e enfermidades semellantes. Na actualidade conta con 175 socios e entre os servizos que presta están o de asesoramento e información, fisioterapia e logopedia, actividades de lecer e tempo libre ou programas de acompañamento, entre outros.

 

#Clínica Colectiva de Proxectos Aberta ata o 12 de maio #Salón do MARCO. Un lugar para facer

Non estamos solas, vivimos en común e por iso cómpre crear espazos de encontro nos que tecer diálogos e conversas. Moitas das persoas involucradas no eido da arte, da cultura ou do pensamento contemporáneo, traballan a través de proxectos. Presentanse propostas a convocatorias, premios, axudas e na maioría dos casos, esto faise de forma individual, cada un de xeito aillado ponse diante do ordenador a redactar a idea que lle ronda os miolos.

E se foramos quen de tecer un lugar de encontro no que problematizar os nosos proxectos, ou ideas? e cuestionalas de forma colaborativo e horizontal? Eso é o que propoñemos dende a Clínica Colectiva de Proxectos. A través deste novo espazo procuramos xuntarnos en catro sesións nas que pensar en común os nosos proxectos. Ver como poden mellorarase, cuestionar os seus impactos, pensar nos retornos sociais ou ver como é posible procurar financiamento.

A través da Clínica Colectiva de Proxectos reunirase un grupo de persoas, que a modo de comunidade epistémica pensarán en colectivo as ideas e proxectos que se presenten, co obxectivo de melloralas entre todas as persoas participantes. A Clínica quere ser un espazo de intercambio de información entre pares, a modo de rede P2P na que xerar un espazo horizontal e participativo.

Para iso lanzamos esta convocatoria, que estará aberta até o 12 de maio. Todas as persoas/colectivos interesados poden enviar a súa proposta de idea ou proxecto. Poden presentarse propostas en execución, ou ideas argumentadas, tanto no ámbito artístico, como cultural ou de investigación experimental. Entre todas as propostas seleccionarase un total de 10, en función do seu grao de innovación, de relevancia social, e de impacto cidadá.

As sesións de traballo da Clínica Colectiva de Proxectos terán lugar o xoves 18, venres 19 , xoves 25 e venres 26 de maio, de 18.00 a 20.00, no Salón do MARCO, serán gratuítas, e desenvolveranse a través de procesos de aprendizaxe colectiva e metodoloxías participativas.

Contacto e solicitude de participación:

As persoas/colectivos interesados deben enviar as súas propostas ao emailsalondomarco@marcovigo.com   indicando no asunto: “Proposta para a Clínica”, e achegar un documento no que se exlique brevemente a proposta (máximo 2 páx.)

Prazo límite solicitudes: venres 12 de maio, ás 14.00

+ INFO en http://www.marcovigo.com/content/convocatoria-cl-nica-colectiva-de-proxectos-sal-n-do-marco-un-lugar-para-facer

LÓPEZ-CHAVES SUPERVISA O AVANCE DAS OBRAS DO IES DE TEIS

  • O obxectivo da actuación é mellorar as instalacións do centro para a súa adaptación á nova FP Básica  e aos ciclos formativos de 2.000 horas
  • A Consellería de Educación inviste preto de 1,7 millóns na ampliación

 

Vigo, 10 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá as obras de ampliación do IES de Teis, e puido constatar que avanzan a bo ritmo logo de terse licitadas o pasado mes de xullo cun prazo de execución de 12 meses. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inviste nesta actuación preto de 1,7 millóns de euros.

O obxecto desta obra é o de mellorar as instalacións do centro dedicadas especialmente no que atinxe á implantación da FP Básica e dos ciclos formativos de 2.000 horas, dando resposta ás necesidades de crecemento que está a experimentar a Formación Profesional. A obra está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O  IES é un centro de referencia na cidade da oliveira nas familias profesionais de Imaxe Persoal e Informática e Comunicacións, ofertando case o 100% dos ciclos existentes na nosa Comunidade nesas dúas familias profesionais.

Case 1.200 metros cadrados máis

As obras suporán a ampliación de 1.179,60 m² distribuídos en planta semisoto, acceso e alta. Na planta semisoto situaranse os talleres de estética, aula polivalente de estética, departamento e vestíbulo para os ciclos de perruquería e estética. Na planta de acceso crearanse tres aulas polivalentes, un almacén de tecnoloxía con aula adxunta,  unha aula de pedagoxía terapéutica, e 2 aulas de diversificación. Finalmente o andar superior acollerá o laboratorio taller de informática – dividido en tres partes-  e o departamento.

A actuación completarase coa mellora da instalación de protección contra incendios e o redimensionamento da instalación de calefacción. Segundo explicou o conselleiro, en vindeiras datas licitaranse as obras para que poidan comezarse en verán e estar rematadas antes de final de ano.