Poesía Visual alumnos de Primaria e grupos de Conversa en Inglés na Biblioteca Municipal
Dende este luns, día 2 e ata o vindeiro día 6, os colexios públicos do Porriño acollerán o taller de poesía visual “Proxecto Caligrama 2000” enfocado a nenos de Primaria, impulsado pola Concellería de Educación e impartido polo poeta David Fernández Rivera.
A través deste proxecto búscase un cambio de perspectiva no neno para algo tan importante para construír a súa identidade e pensamento como o é a poesía. En opinión de Fernández, desde a poesía visual, o pequeno chega a comprender que a poesía é inabarcable e que pode e debe chegar a espazos tan interesantes como o son o son, o teatro ou a danza.
Doutra banda, os día, 3, 10, 24 e 31 de maio 19:00 a 20:00 horas, na Biblioteca Municipal, iniciase a segunda quenda dos grupos de Conversación en Inglés, para persoas adultas cun nivel medio de inglés falado. Trátase da continuación da actividade iniciada o pasado mes de marzo e que seguirá na terceira quenda, en outubro e a cuarta en novembro.
As persoas interesadas en participar nesta actividade deben realizar a inscrición previa, de xeito presencial, na Biblioteca Municipal . As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño.