INAUGURADA A EXPOSICIÓN SOBRE MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ EN RIBADEO

Lugo, 02 de maio de 2017. O venres 28 de abril ás 18:00 horas foi inaugurada na Oficina de Turismo de Ribadeo, a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Participaron no acto Farruco Graña, concelleiro de Cultura do Concello de Ribadeo, e Antonio Giz en representación de GaliciaDigital. Neste acto tamén se presentaron a reedición do folleto que recolle os contidos completos da exposición, e a segunda edición da Antoloxía Poética de Manuel Rodríguez López, coordinada por Xesús Alonso Montero e Santiago Rodríguez. A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo, a Real Academia Galega, e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta exposición itinerante percorreu xa numerosas cidades e localidades galegas, visitou a Casa de Galicia en Madrid e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León ou Vitoria, e o ano pasado chegou a Portugal, concretamente ao Centro Galego de Lisboa e as Universidades de Braga e Algarve, o que supón un fito moi importante no desenvolvemento e expansión deste proxecto Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi ademais dun grande animador das actividades galegas nesta comunidade, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán. Manuel Rodríguez López é tamén fillo predilecto do Concello de Paradela, e da nome á Casa Municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está celebrando a XXII edición.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: