A CIG reclamará no Xulgado a execución de parte da débeda do persoal de GEA

Persoal da antiga fábrica de louza volveu mobilizarse hoxe en Vigo

Vigo-Pontevedra – 11 Xan 2017

A CIG anunciou hoxe que lle solicitará ao Xulgado que execute a débeda que manteñen unha inmobiliaria e un bufete de avogados coas ex traballadoras/es do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que representa a central. O grupo de afectadas/os volveu mobilizarse esta mañá en Vigo para reclamar o pago dos terreos que ocupa a antiga fábrica de louza en Cabral e Coruxo.

A decisión da CIG chega tras varios meses de protestas das ex empregadas/os de GEA para reclamar o abono das débedas pendentes, tanto por parte de dúas inmobiliarias como dun bufete de avogados.

O secretario comarcal de Pontevedra, Marcos Conde, explica que a central intentará así que o Xulgado execute o pago das cantidades recoñecidas pola inmobiliaria El Rocío e polo avogado José Pérez Pousa (un total de 144.000 euros). Con todo, ás afectadas/os aínda lles restaría por ingresar os máis de dous millóns de euros que lles adebeda a inmobiliaria Subel.

Conde detalla que estes 144.000 euros que non foron entregados polo letrado ao grupo de ex traballadoras/es representadas pola CIG, “xa que cando El Rocío lle entregou os cartos -que ascendían a 1,8 millóns de euros- optou por repartilos unicamente entre os seus asesorados/as, pertencentes a CCOO e UGT”. Isto fixo que a central optase por presentar unha demanda na súa contra en 2014, tras a que se chegou a un acordo de recoñecemento da débeda e de liquidación da mesma.

Mais tanto El Rocío como Pousa se negan a abonar a débeda e sinálanse mutuamente como responsábeis do impago. Ademais, en todo caso, pretenden que as afectadas/os acepten unha quita que deixaría cantidade adebedada en 117.000 euros. Diante disto, un grupo de ex traballadoras/es optou por iniciar mobilizaciónsco apoio da CIG tanto diante da sede da inmobiliaria El Rocío como do despacho de Pousa.

Así, hoxe continuaron coas protestas, que se desenvolveron de 10.00 a 11.00 horas na inmobiliaria, siatuada na rúa Colón, e de 11.00 a 12.00 horas no despacho de Pousa, en Urzaiz. Alí despregaron pancartas reclamando o pago das débedas e acusando o letrado de “pufero”.

A débeda de Subel, tamén no Xulgado

Unha vez se solucione o pago destes 144.000 euros, os ex empregados/as de GEA que representa a CIG aínda terían que cobrar máis de dous millóns de euros da inmobiliaria Subel. Dende a central indican que o abono da débeda podería estar cerca xa que o Xulgado de Instrución número 10 de Vigo vén de decretar a apertura das dilixencias para resolver o conflito.

A situación fixo que a afectadas/os optasen por desprazarse recentemente até a Coruña para desenvolver unha protesta diante da sede da Inversiones Subel co obxectivo de reclamar o pago da cantidade adebedada. Tempo despois mobilizáronse nas inmediacións do Obelisco para demandarlle ao propietario da inmobiliaria, o empresario Luis Fernández Somoza, que cumpra os acordos e abone a débeda pendente.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: