ABANCA obtén en xuño un beneficio neto de 186 millóns de euros, un 2,2% máis que no primeiro semestre de 2015

  • O crecemento rendible e a mellora da calidade do risco impulsan o resultado de negocio
  • A rendibilidade sitúase no 10,3%
  • A marxe comercial recorrente crece un 14% pese á situación de tipos
  • A morosidade redúcese nun 22%, cunha taxa de cobertura do 60%
  • O financiamento a empresas e autónomos crece un 29%
20160719-abanca-presentacion-resultados-1s
De esquerda a dereita: Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodriguez, vicepresidente de ABANCA, e Alberto de Francisco, director xeneral Finanzas de ABANCA, durante a presentación dos resultados do primeiro semestre da entidade

Descarga en alta resolución

19072016-abanca-resultados-1s2016-gl
ABANCA obtivo no primeiros seis meses do exercicio 2016 un beneficio neto de 186 millóns de euros, un 2,2% máis que no primeiro semestre do pasado ano. Este resultado reflicte o crecemento rendible do negocio, cunha marxe comercial recorrente que se ve incrementada nun 14%, grazas ao crecemento do negocio tradicional.

A entidade seguiu impulsando a concesión de financiamento aos seus clientes, especialmente ao segmento empresas e autónomos, que experimentaron un crecemento do 29% con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Continúa mellorando a calidade da carteira, cuxa morosidade se reduciu nun 22%, mentres que a taxa de cobertura mantense no 60%. O beneficio aumenta un 2,2%

O resultado do semestre ascende a 186 M€, un 2,2% máis respecto ao ano anterior. Isto supón unha rendibilidade do 10,3%, que sitúa a ABANCA entre as entidades máis rendibles do sector.

A mellora do beneficio está baseada na marxe obtida da actividade tradicional, que crece un 14% grazas ao dinamismo na concesión de créditos. A mellora nos resultados viuse apoiada ademais pola mellora da eficiencia. Mentres a produtividade crece un 9%, os gastos de explotación redúcense un 3% grazas ás medidas adoptadas en aspectos como redución de servizos externos, optimización de grandes provedores ou austeridade.

Incremento da actividade con clientes

ABANCA rexistrou no primeiro semestre significativos incrementos nas principais magnitudes do seu negocio. O crédito á clientela, a súa principal prioridade, creceu un 6,6% en termos interanuais, ata situarse en 25.751 millóns de euros.

As empresas e autónomos constitúen o principal destinatario do investimento crediticio de ABANCA. O novo financiamento a estes segmentos situouse en 5.241 millóns de euros, un 29% máis que no mesmo período do pasado exercicio. A maior parte desta cantidade, un 76%, concéntrase en pemes e autónomos, principais compoñentes do tecido produtivo do país.

Os depósitos de clientes minoristas creceron un 3,1%, ata situarse en 29.762 millóns de euros.

En Galicia, primeiro mercado da entidade financeira, ABANCA dispón dunhas cotas de mercado do 41% en depósitos e do 31% en crédito, mentres que a nivel nacional as cotas de mercado son o 3% en depósitos e o 2% en crédito.

Comercialización de produtos de valor

Así mesmo, ABANCA segue profundando na súa estratexia de diversificación de fontes de rendibilidade mediante a dinamización da venda de produtos de valor engadido, o que permitiu incrementar nun 10,4% os ingresos por comisións.

A estratexia de vinculación da entidade está a dar resultado coa captación de clientes de alto valor. Nos últimos meses máis de 55.000 clientes adicionais accederon ao máximo nivel de vinculación grazas á contratación de novos produtos e servizos coa entidade.

Os produtos fóra de balance (fondos de investimento, plans de pensións e seguros de aforro) consolídanse como alternativa aos depósitos tradicionais para os clientes, cun crecemento do 8,8%, ata situarse en 4.378 millóns de euros.

Unha das claves do bo desempeño de ABANCA é o especial esforzo para facer fronte á volatilidade dos mercados. O 82% dos fondos comercializados por ABANCA sitúase por encima da rendibilidade media de cada categoría de produtos.

Pola súa banda, as vendas de seguros creceron un 39%. A comercialización daTarifa Plana, produto estrela da entidade no mercado asegurador, deu lugar a 2.250 contratos no último mes. ABANCA situouse como sétima entidade bancoaseguradora do mercado español no ramo de vida.

Mellora da calidade da carteira, solvencia e liquidez

Continúa a mellora da calidade dos activos a un ritmo superior ao do sector. O importe de saldo dubidoso redúcese un 22% desde xuño de 2015 e a taxa de mora descende ao 7,6%, por baixo da media do sector.

A mellora na calidade dos activos conseguiuse mantendo políticas de extremada prudencia. Deste xeito, a cobertura do crédito dubidoso situouse no 60%, un dos niveis máis elevados do sector. A cobertura de activos adxudicados, cuxo peso se mantén no 1% do balance, un dos menores do sector, sitúase no 55%. ABANCA mantense así mesmo como unha das entidades máis capitalizadas do sector, cunha marxe de 1.152 millóns sobre o requisito esixido. O cociente de capital CET1 está situado no 14,3%.

ABANCA dispón de máis de 10.900 millóns en activos líquidos e capacidade de emisión. A entidade cumpre folgadamente os requisitos de liquidez a curto e longo prazo fixados para 2018 polo BCE.

A sostibilidade futura da entidade vese reforzada, ademais, polo seu cociente crédito/depósitos minoristas, situado no 91,5%. En detrimento de outras fontes de financiamento, ABANCA financia o crédito que concede coa súa captación de depósitos.

Estratexia ABANCA

ABANCA fixouse como obxectivo desenvolver unha estratexia de crecemento baseada na mellora da experiencia do cliente. Para iso a entidade está a traballar en dous eixos de actuación: en primeiro lugar, a persoalización, para ofrecer aos seus clientes un servizo que partindo da correcta identificación das súas necesidades específicas lles proporcione solucións á medida do seu perfil/sector de actividade; e, en segundo, a dixitalización, para complementar a atención persoal que ofrece a rede de oficinas coas novas oportunidades derivadas da aplicación da tecnoloxía á actividade bancaria.

No peche do primeiro semestre a entidade rexistrou importantes crecementos no número de transaccións totais, que aumentou un 34%, e na captación de clientes, que o fixo nun 20% (en ambos os casos en termos interanuais). Este impulso á actividade obsérvase de maneira especial nas canles non presenciais e de autoservizo (banca electrónica e móbil, caixeiros, banca telefónica), cuxa cifra de transaccións presenta unha taxa de crecemento interanual do 43%, así como no segmento de clientes menores de 45 anos, que representan o 75% das novas altas.

Para dar continuidade a este crecemento, a entidade segue avanzando no coñecemento e adaptación aos seus clientes. Para iso implementou unha nova axenda e sistemática comercial e creou unidades especializadas para os diferentes segmentos de negocio: ABANCA Empresas, ABANCA Seguros, ABANCA Agro, ABANCA Mar, ABANCA Privada e ABANCA Persoal.

Así mesmo, ABANCA está a centrar os seus esforzos na adaptación do seu modelo aos novos hábitos de conduta do cliente. O 40% dos particulares e o 65% das empresas son usuarios das canles a distancia, cifras que aumentarán de forma significativa nos próximos anos. As principais canles non presenciais da entidade, os servizos de banca móbil e banca electrónica, poñen de manifesto un alto ritmo no proceso de dixitalización: as conexións a banca móbil e electrónica crecen un 72% e un 48% respectivamente (datos interanuais), mentres que o número de clientes que operan por estas canles aumentaron un 21% e un 10% desde xaneiro.

Estas cifras apóianse no uso de novas solucións de pagos (ABANCA Pay, pagos por móbil e ABANCA Cash), na implantación de novas ferramentas de comunicación e atención ao cliente (mensaxería push, financial persoal management) e no incremento das posibilidades de contratación de produtos e servizos a través da banca electrónica.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: