Á venda, a partir de mañá, os abonos para a tempada de teatro de Afundación en Vigo

Elisa-Matilla-Gibraltareña-©-Roberto-Villalón-35--542x600

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) poñerá á venda a partir de mañá, 21 de xullo e ata o vindeiro 9 de setembro, os abonos para a nova tempada teatral en Vigo. O programa conta cun total de cinco obras que abordan temáticas de índole moi social. Desde a rutina matrimonial en Los vecinos de arribapasando polo acoso escolar en Mi pequeño poni, ata a desesperación que provoca a enfermidade en Héroes. Esta tempada conta co selo de calidade de recoñecidos actores como Juan Antonio Molina, María Adánez e Juan Gea, entre moitos outros. As entradas soltas poderán adquirirse a partir do día 12 de setembro. Todas as compras poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación, en ataquilla.com e a través do teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos das entradas individuais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 %. A totalidade das funcións terán lugar no Teatro Afundación de Vigo, na rúa Policarpo Sanz, 13.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: