A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO CONSTITUIRÁN NO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2017 A COMISIÓN PARA A TOMA DE DECISIÓNS COMPARTIDA SOBRE A AP-9

  • As dúas administracións avanzaron hoxe nos termos do acordo para a participación, por primeira vez, do Goberno galego na toma de decisións sobre a infraestrutura a través dunha comisión que celebrará reunións periódicas
  • Na reunión o Ministerio de Fomento reafirmou o compromiso de impulsar a finalización do AVE a Galicia e confirmou que nas últimas semanas se rexistraron importantes avances en 4 treitos da conexión que rexistraban problemas
  • O Goberno galego volve reiterar a necesidade de impulsar a mellora da conexión ferroviaria da provincia de Lugo co eixe de alta velocidade

 

Madrid, 22 de decembro de 2016.- A Xunta de Galicia e o Goberno constituirán no primeiro trimestre de 2017 a comisión para a toma de decisións compartida sobre a autoestrada AP-9. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo esta tarde unha reunión de traballo co secretario de Estado de Infraestruturas Julio Gómez-Pomar, na que abordaron os termos de funcionamento desta comisión, cuxa formación foi acordada polo presidente da Xunta e o ministro de Fomento no seu encontro do pasado 5 de decembro en Santiago.

 

Na reunión, na que tamén participaron, entre outros o director da Axecia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, avanzaron no acordo de colaboración para a participación, por primeira vez, do Goberno galego na toma de decisións sobre esta infraestrutura estratéxica para  Comunidade autónoma a través dunha comisión que se reunirá de forma periódica.

 

A conselleira de Infraestruturas valorou positivamente a reafirmación por parte do  Ministerio de Fomento do seu compromiso de impulsar a finalización das obras de alta velocidade ferroviaria entre Galicia e Madrid,  sobre a que na xuntanza se confirmou que nas últimas semanas  se rexitraron importantes avances para solucionar os problemas que afectaban a 4 treitos. Ademais, o Ministerio de Fomento trasladou que está a traballar para solucionar as incidencias que afectan á execución dun treito concreto desta liña.

 

Finalmente, na reunión, entre outros asuntos, a Xunta reiterou a necesidade impulsar a mellora das infraestruturas ferroviarias da provincia de Lugo para que esta provincia quede conectada co eixe de alta velocidade e poida acadar tempos de viaxe con Madrid do entorno das 3 horas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: