Archive | marzo 30, 2017

El precio del gas natural sube un 1,87% a partir del 1 de abril

* La subida se debe al encarecimiento de la materia prima en los mercados internacionales

* El nuevo precio supone un incremento medio de la factura mensual de 26 céntimos de euro para los usuarios de la TUR 1, y de 96 céntimos de euro para los usuarios de la TUR 2

30.03.17. A partir del próximo 1 de abril entra en vigor el nuevo precio del gas natural para todos aquellos consumidores acogidos a la tarifa regulada por el Gobierno (Tarifa de Último Recurso-TUR). El nuevo precio de la TUR subirá de media un 1,87% respecto al primer trimestre de 2017.

El precio para la TUR 1, a la que están acogidos fundamentalmente los clientes que utilizan el gas para el suministro de agua caliente y/o cocina, se ha incrementado un 1,54%.

El precio para la TUR 2, a la que están acogidos principalmente los clientes domésticos que además de los usos anteriores tienen calefacción de gas, se ha incrementado un 2,04%.

Esto supone un incremento medio de la factura mensual de 26 céntimos de euro para los usuarios de la TUR 1, y de 96 céntimos de euro para los usuarios de la TUR 2.

El precio de la TUR de gas está determinado por la suma de los peajes, que responden al uso de las infraestructuras y del coste de la energía, que se determina a partir de las cotizaciones internacionales de los hidrocarburos.

La subida de abril se debe al encarecimiento del término de energía (el coste de la materia prima se ha incrementado un 5,9%, en línea con la subida del precio del petróleo). Por su parte, se mantiene congelada la parte regulada del recibo, los peajes, por cuarto año consecutivo. En 2016, el precio del gas natural para los consumidores domésticos descendió de media un 8% en comparación con el 2015.

La Tarifa de Último Recurso de gas natural se actualiza por el Gobierno de forma trimestral. De los 7,7 millones de consumidores de gas natural, 6 millones son suministrados a través de una comercializadora de mercado a precio libre y 1,7 millones se encuentran acogidos al precio de la TUR.

Proxecto sobre accsibilidade no Porriño

O PORRIÑO DISPÓN, GRAZAS A UN PROXECTO DAS ALUMAS E ALUMNOS DO IES PINO MANSO, DUN ‘MAPA’ ESPECÍFICO DE ACCESIBILIDADE EN TODA A VILA QUE PODE CONSULTARSE DENDE O ORDENADOR, A TABLET OU O TELÉFONO MÓBIL

Un traballo realizado polas alumnas e alumnos do IES Pino Manso, baixo a coordinación do especialista Rafael Ávila, que foi estudante deste centro, ven de poñer a O Porriño á cabeza, a nivel internacional, en información on line sobre a accesibilidade en cadeira de rodas a lugares públicos e privados.

Coma resultado da realización deste labor foi posible a elaboración da «Cartografía dixital colaborativa con OpenStreetMap (OSM)», que abrangue un estudo polo miúdo do estado do acceso para persoas con diversidade funcional, de cada establecemento público e privado do Porriño- bares, restaurantes, edificios, parques ou tendas-.

A elaboración deste ‘mapa OSM, permite saber cantos chanzos ou andares ten un local, o ancho das portas, o estado das entradas aos servizos, a existencia de ramplas ou se dispón ou non de corredores. Os devanditos datos, figuran na web http://www.map.org que pode consultar calquera persoa dende o seu ordenador, tableta ou teléfono móbil.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Educación, Lourdes Moure, asistiu á presentación da web, que correu a cargo do director do Pino Manso, Juan Aguilar, e que é un dos actos máis importantes dos que se están a levar adiante este curso no que o centro cumpre medio século de vida.  

García de la Torre subliña a dobre importancia deste proxecto, “dunha beira o feito de dar educación, en letras maiúsculas, do que sofren as persoas que se ven marxinadas por mor da súa mobilidade e, doutra, polo feito de que esta tecnoloxía pon as rapazas e rapaces co que é xa a realidade da economía colaborativa, da que este traballo, con OpenStreetMap é un estupendo exemplo”.

A xuízo da alcaldesa esta experiencia contribuirá, así mesmo á mellora do routeiro da vila, no que xa se están a planificar todas as obras tendo coma prioridade a mellora da mobilidade, “un eido no que aínda temos moito traballo por facer e que procuraremos ir completando para que O Porriño sexa accesíbel a todas e todos os seus veciñas e veciños”.

LÓPEZ-CHAVES LAMENTA QUE OS OBSTÁCULOS DE CABALLERO IMPIDAN UN INVESTIMENTO DE 8 MILLÓNS NO CAMPUS DO MAR

  • O delegado territorial da Xunta compareceu esta mañá en rolda de prensa para valorar a negativa do alcalde a desbloquear a operación da Zona Franca na ETEA

 

Vigo, 30 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa para por en valor o proxecto do Campus do Mar, cuxa execución depende só de que se desbloquee a operación de recompra dos edificios na antiga ETEA por parte da Zona Franca.

 

Neste senso, López-Chaves lamentou que o alcalde vigués, Abel Caballero, leve oito meses paralizando un investimento de 8 millóns de euros, anunciado onte polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras manter un encontro institucional co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e tras realizar un percorrido por varias instalacións do campus vigués. “Mentres dende a Xunta de Galicia, Zona Franca e a Universidade queremos sacar adiante este proxecto científico, por parte do Concello só atopamos obstáculos e problemas”, indicou o delegado territorial.

 

O representante do Goberno galego na área territorial de Vigo responsabilizou directamente ao alcalde de “impedir que tres administracións traian unha sede institucional e un importante investimento á cidade.

‘Havana Club 7. Cultura Abierta’ presenta Gea de Pío Cabanillas

4 de abril a las 19h30
GEA
Presentación
Pío Cabanillas

Pío Cabanillas acompañado de Chema Conesa presentarán el próximo martes4 de abril, en La Fábrica, Gea. Se trata de una colección espectacular de los paisajes naturales más hermosos y sobrecogedores del mundo.

Procedan de una veintena de parajes distintos entre sí, de Argentina, Vietnam, Groenlandia, Kenia, el Everest, el Gran Cañón del Colorado, el mar Muerto en Jordania o el valle del glaciar Baltoro en Pakistán, las 120 imágenes que contiene Gea ofrecen la oportunidad de acercarse al paisaje de una manera diferente, heterodoxa, más abstracta, ajena a la mano del hombre.

Su búsqueda de la belleza en el detalle, a través de encuadres cada vez más cerrados, hace imposible con frecuencia la identificación de las localizaciones. Pero de lo que se trata es de aflorar la riqueza oculta, de regodearse en los matices y descubrir lo extraordinario, las más sutiles señas de identidad de nuestro entorno. La situación o el lugar donde se encuentran los espacios fotografiados no constituyen la esencia de la naturaleza, sino las formas y texturas de todo lo que nos rodea.

La Fábrica ofrecerá también la oportunidad de disfrutar de una selección de las imágenes más impactantes del libro que se expondrán por tiempo limitado.

Pío Cabanillas ha expuesto sus fotografías en muestras colectivas e individuales, entre las que se encuentran en los últimos años: Enfoques (Galería Alfama, Madrid 2008), Agua (Galería Materna y Herencia 2014), y Sombras (PHotoEspaña, Galería Materna y Herencia 2015).

¡Os esperamos con una copa de Havana club 7!

SETH TROXLER AND LOCO DICE THIS APRIL AT PACHA IBIZA

NOTA:
Después de anunciar su retiro a finales de 2016,
 Jesse Rose se embarca en su última gira mundial este año.
 Su álbum final, Alright Mate, ha sido promocionado por
 artistas como Claude Vonstroke, Switch y Mixmag como
 su mejor trabajo hasta la fecha. Desde enero, Jesse ha 
estado entregando memorables despedidas a multitudes
 de Melbourne a Miami. Jesse Rose está disponible para
 entrevistas de prensa y se presentará 
en Pacha Ibiza el 16 de abril y aparecerá
 en el panel oficial de IMS y en el escaparate en mayo.

O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO PRESENTA A SENDA PEONIL E CICLISTA ENTRE AMOEDO E PAZOS DE BORBÉN NA ESTRADA PO-250

  • Este itinerario está enmarcado na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que o Goberno galego destina 3,9 millóns de euros
  • A lonxitude total da senda é de case 820 metros e conta cun investimento de máis de 220.000 euros, cofinanciada nun 80% con fondos FEDER  

 

Pazos de Borbén (Pontevedra), 30 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acudiu esta mañá ao Concello de Pazos de Borbén para presentar xunto ao alcalde do municipio, Andrés Iglesias Rodríguez, o itinerario peonil e ciclista na estrada PO-250, no treito Amoedo- Pazos de Borbén, entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+320.

 

O obxectivo deste proxecto é a execución dunha senda na marxe dereita da estrada PO-250, que servirá para conectar as travesías de Amoedo e Pazos. A lonxitude total deste itinerario é de case 820 metros, cunha sección tipo que consta dunha senda de 2,5 metros de ancho separada da calzada por cuneta de seguridade, unha zona axardinada máis os bordos de separación; salvo nos últimos 70 metros, na zona urbana de Pazos, na que a sección se reduce eliminando a cuneta e a banda vexetal.

 

As obras previstas comprenden tamén outras actuacións necesarias para garantir a funcionalidade da senda executada. Así, levaranse a cabo a mellora da rede da drenaxe existente na zona, coa execución de foxo de seguridade e prolongación das obras de drenaxe transversal; execución de estruturas de contención de terras para ampliación da plataforma e execución da senda; ou a optimización da sinalización e o balizamento. Coa execución da senda existirá un itinerario peonil continuo nesta estrada entre Amoedo e Pazos de Borbén de máis de 2 quilómetros, xa que estes núcleos urbanos xa contan con beirarrúas.

 

Hoxe a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) publica no Diario Oficial de Galicia a licitación do contrato, que sae a concurso cun orzamento de máis de 220.000 euros. A obra está cofinanciada nun 80% polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. O prazo para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 25 de abril e o prazo de execución establecido é de tres meses. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio:  goo.gl/u4j1UH.

 

Plan de Sendas

O proxecto de construción deste itinerario, enmarcado na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios, foi aprobado o pasado día 3 de febreiro.

 

A Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro.

Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación de Vigo

Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro 7 de abril a partir das 20.30 h un novo concerto da Real Filharmonía de Galicia incluído na Tempada de Música Clásica 2017. Con Jonathan Webb como director e a presenza do tenor Sam Furness, a agrupación interpretará Las iluminaciones, op. 18 de Benjamin Britten e aSinfonía nº 10 en mi menor, op. 93 de Dmitri Shostakóvich.

As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade: en www.ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500 para todas aquelas persoas que non tivesen adquirido o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais.

Programa Avanzado en Marketing Internacional IESIDE Vigo

O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) organiza no seu Campus de Vigo un Programa Avanzado en Marketing Internacional. Desenvolverase todos os venres e sábados entre o 17 de marzo e o 6 de maio, en horario de 16.30 h a 21.30 h e de 9.00 h a 14.00 h.

Máis información e inscricións, aquí.

Mañá venres presentarase este libro de versos para os máis pequenos. No acto estará o ex presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, que cantará algún destes poemas. Tamén o crítico literario Ramón Nicolás, e pola Editorial Galaxia, o editor Carlos Lema. A idea da poesía como vínculo da relación familiar, afectiva, é a que está detrás deste libro. Como nos conta Xoán Carlos Domínguez Alberte é un libro pensado para as súas fillas, en realidade foron elas as responsables de que hoxe teñamos este poemario entre as mans. Celtia, de seis anos, e Minia, de dez, un día dixéronlle “papá, está moi ben o que fas, pero a ver cando escribes libros para nós” e aquí temos o resultado. Un libro lúdico, que xoga, no que hai moitos exercicios de expresión, aloumiños, trabalinguas, ritmo… Un libro que bebe tamén da tradición oral, como o poema familiar adaptado da súa avoa “Durme e repouesa” (p.65). Unha aposta novidosa que quere reivindicar a poesía dende o cotián. Hai poesía para todos os días e para todas as horas. Poesía para ti e para min. Para ler e entender o mundo. Para saber como se nomean as cousas. E para recitar e falar. Unha pequena folerpa poética. Versos delicados que pintan de cor as cousas todas.

 

  • O pleno debatirá unha Proposición non de lei do BNG, que tamén presentou varias preguntas para a súa resposta en comisión

 

Pontevedra/30-03-2017

 

As irregularidades detectadas durante unha inspección ordinaria nunha residencia de maiores de Pazos de Borbén propiedade da presidenta de Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra chegarán até o Parlamento galego despois de que o BNG presentase unha Proposición non de lei (PNL) para o seu debate en pleno e varias preguntas para a súa resposta en comisión.

 

O grupo parlamentario do BNG presentou unha Proposición non de lei para o seu debate no pleno relativa ás irregularidades detectadas na residencia para persoas maiores Mi Casa de Pazos de Borbén, propiedade de Lucía Pedroso, presidenta de Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra. En concreto, a CIG-Servizos denunciara a presenza de cinco usurios/as agochados/as durante horas primeiro na lavandería e logo nun galpón anexo ao centro, tal e como puido comprobar a propia Garda Civil tras seren requerida pola inspectora autonómica despois de que os responsábeis da residencia lle impedisen o acceso a estas dependencias.

 

Unha vez alí os axentes constataron a sobreocupación do centro privado xa que no seu interior atoparon 63 usuarios/as, cando unicamente conta con autorización para 58 prazas. Destas, un total de 22 son públicas grazas ao convenio subscrito coa Xunta. Ademais desta irregularidade, no texto da PNL tamén se recolle que estas persoas estiveron arredor de catro horas en condicións degradantes, con altas temperaturas, sen auga e sen a súa medicación.

 

Ao mesmo tempo, alértase sobre o clima de terror laboral que se vive na empresa, con ameazas constantes e incumprimentos das condicións laborais. “Estamos diante dunha actuación moi grave, que constata o risco xa denunciado tantas veces de converter a atención dos maiores nun negocio e non nun servizo, polo que é preciso que a Administración extreme a vixilancia e actúe con toda contundencia para impedir este tipo de actuacións”.

 

Diante disto, instan o Goberno galego a que extreme os controis e as inspeccións de xeito periódico para detectar e impedir a sobreocupación das residencias de maiores, tanto privadas como concertadas, e a abrirlle un expediente a esta residencia en base á acta de inspección e ao atestado da Garda Civil.

 

Finalmente, nas preguntas para resposta en comisión o BNG interésase pola opinión do Goberno galego a respecto da manobra dos responsábeis deste centro para ocultar a sobreocupación e polas actuacións que vai levar a cabo a Xunta diante das graves irregularidades detectadas. Neste senso, pregúntanlle se lle vai abrir un expediente a esta residencia e pídenlle que cuatifique o número de casos de sobreocupación detectados nos catro últimos anos e os expedientes abertos por esta causa.

Presentación de Versos para conversar en Vigo

Mañá venres presentarase este libro de versos para os máis pequenos. No acto estará o ex presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, que cantará algún destes poemas. Tamén o crítico literario Ramón Nicolás, e pola Editorial Galaxia, o editor Carlos Lema.

A idea da poesía como vínculo da relación familiar, afectiva, é a que está detrás deste libro. Como nos conta Xoán Carlos Domínguez Alberte é un libro pensado para as súas fillas, en realidade foron elas as responsables de que hoxe teñamos este poemario entre as mans. Celtia, de seis anos, e Minia, de dez, un día dixéronlle “papá, está moi ben o que fas, pero a ver cando escribes libros para nós” e aquí temos o resultado.

Un libro lúdico, que xoga, no que hai moitos exercicios de expresión, aloumiños, trabalinguas, ritmo… Un libro que bebe tamén da tradición oral, como o poema familiar adaptado da súa avoa “Durme e repouesa” (p.65). Unha aposta novidosa que quere reivindicar a poesía dende o cotián. Hai poesía para todos os días e para todas as horas.

Poesía para ti e para min. Para ler e entender o mundo. Para saber como se nomean as cousas. E para recitar e falar. Unha pequena folerpa poética. Versos delicados que pintan de cor as cousas todas.