O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL E O ALCALDE DE A LARACHA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA IMPULSAR A CONSTRUCIÓN DUN CENTRO COMUNITARIO NA LOCALIDADE

  • 11,30 h.-     O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinará un convenio de colaboración co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, para a xestión do Centro de Día. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 07/09/16

    11,30 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinará un convenio de colaboración co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, para a xestión do Centro de Día. No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    07/09/16

    Ambos mandatarios saudaron esta medida que contribúe a asegurar unha cobertura equilibrada dos servizos sociais

 

Santiago, 7 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde do Concello de A Laracha, José Manuel López Varela, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para o financiamento das obras de construción dun centro sociocomunitario, nesta localidade coruñesa coa finalidade de mellorar a calidade de vida e o benestar dos seus veciños e veciñas.

 

Mediante este documento a Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, compromete unha contribución máxima para o financiamento desta infraestrutura de 200.000 euros; mentres que o concello asumirá a xestión do centro, en calquera das modalidades previstas na lexislación vixente, polo que atenderá os gastos de funcionamento do equipamento unha vez construído.

 

O conselleiro de Política Social salientou a importancia da colaboración entre administracións para que “as políticas sociais cheguen ás persoas que máis o precisan co fin de asegurar unha cobertura equilibrada dos servizos sociais”. Ambos mandatarios saudaron esta medida coa que a Xunta de Galicia incrementará a dispoñibilidade de equipamentos de servizos sociais nesta localidade coruñesa.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: